PONTEAREAS
A Concellería de Ensino comeza o curso para pais e nais de alumnado de Ponteareas de retoque fotográfico
O primeiro dos talleres de balde impartidos na Aula CeMIT, sita no Centro Social da rúa Oriente, foi inaugurado pola edil de Ensino, Cristina Fernández.
Serán dous os cursos que se realizarán na aula CeMIT situada no Centro Social da rúa Oriente de 16.00 a 18.00 horas. O curso de retoque fotográfico comezou o mércores 2 de novembro, e continuará o 9 e 16 do mesmo mes e rematará o 23. Deseguido, o curso de aplicacións de Google empezará o mércores 30 de novembro, seguirá o 14 e rematará o 21 de decembro.
O primeiro dos cursos tratará o retoque fotográfico coa creación dun logotipo e fondo de pantalla, unha fotomontaxe, o enfoque e desenfoque, a coloración ou filtros básicos, entre outros temas.
Ao remate entregarase Diploma da Xunta de Galicia que certifica o tipo de curso e número de horas realizadas, que servirá para ampliar o currículo das persoas que accedan ao mesmo.
“Esta é unha boa oportunidade para actualizar os coñecementos informáticos, que poden servir para uso persoal e incluso poder ampliar os CV das persoas que realizan o curso de cara a poder entrar no mundo laboral”, comenta a edil, Cristina Fernández.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184