Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 06 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O proxecto “SmartPeme” ofertará aos empresarios e emprendedores unha oferta formativa á carta

Carmela Silva destaca a necesidade de colaboración entre as asociacións empresariais e a Deputación de Pontevedra para mellorar os servizos de asesoramento nas tecnoloxías da información.

[Img #28529]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou esta semana durante a presentación do proxecto de carteira de servizos “SmartPeme” para asociacións empresariais, a necesidade de colaboración entre estas entidades e as administración para mellorar o asesoramento e a formación sobre as tecnoloxías da información (TIC,S).


O acto de presentación deste proxecto de carteira de servizos “SmartPeme”, contou coa participación do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros e da presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), Lucía Pedroso, e do deputado provincial, Javier Dios,  entre outros empresarios e responsables empresariais.


Carmela Silva demandou a todas as entidades empresariais a necesidade de que fagan de interlocutores ante os seus asociados para que a carteira de servizos do proxecto “SmartPeme” sexa un instrumento útil para os seus asociados de xeito que garantan a formación sobre as novas tecnoloxías que demandan para lograr unha mellor eficiencia das súas empresas.


A Presidenta da Deputación subliñou a importancia de que as administracións traballen xunto cosas asociacións e entidades que agrupan aos empresarios e emprendedores xa que son os que mellor coñecen as necesidades dos seus asociados. “Todas as administracións temos que colaborar  coas asociacións de empresarios e de emprendedores para garantirlles unha correcta formación nas TIC,s que garantan unha melloría nas súas condicións de eficiencia que redundará na creación dun mellor e máis corrector tecido de riqueza na nosa provincia”.


Tras a presentación da Presidenta, que quixo agradecer a colaboración de todos os presentes para acadar unha carteira de servizos do proxecto acorde coas verdadeiras necesidades empresarias, os responsables do proxecto introduciron  as posibilidades que oferta o  proxecto “SmartPeme”.


O proxecto “SmartPeme” ten  unha rede de seis puntos distribuídos polas diferentes comarcas da provincia na que as persoas emprendedoras, as autónomas e autónomos e as pequenas empresas poden obter información e asesoramento presencial e personalizado sobre o uso e a aplicación das TIC no eido empresarial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.