PROVINCIA
Carmela Silva destaca na inauguración de “CastroDeza” a importancia de coñecer a nosa historia
A Presidenta da Deputación resalta a necesidade de manter o coñecemento da cultura castrexa entre os nenos e nenas.
![[Img #28531]](upload/img/periodico/img_28531.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inauguraba esta semana as dependencias de “CastroDeza” no concello de Lalín nas que destacou a necesidade de coñecer a nosa historia o través das novas tecnoloxías. Silva estivo acompañada polo alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, e o deputado provincial responsable de Turismo, Santos Héctor.
Carmela Silva subliñou a importancia de centros como o “CastroDeza” para que dende a aplicación da novas tecnoloxías se poda coñecer toda nosa historia e sobre todo, a cultura castrexa da cal na comarca do Deza existen diversos exemplos.
“Un pobo que non coñece a súa historia non pode avanzar e mirar cara o futuro”, destacou a Presidenta ao afirmar que o centro que a partir de mañana poderá ser visitado, pretende ser unha aposta de coñecemento sobre todo o vinculado a cultura castrexa dende a forma urbanística dos seus asentamentos ate os seu estilo de alimentación.
Pero ademais, a Presidenta destacou que é moi importante manter as nosas tradicións, transmitidas en lendas e contos “para non perde unha parte da nosa historia”.
Por último, Carmela Silva salientou a parte didáctica do centro “CastroDeza”, “para que os nosos nenos e nenas non perdan as tradicións e a nosa historia”.
Pola súa parte, o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, valorou a apertura do centro “CastroDeza” como moi importante para a súa localidade, por convertelo como unha referencia da cultura castrexa de toda Galicia. Cuiña tamén agradeceu a presencia do senador José Crespo, anterior alcalde de Lalín que “tivo moito que ver con este centro”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149