PROVINCIA
A Xunta requírelle ao Concello de Vigo que axilice a integración do autobús urbano no Plan de Transporte Metropolitano
O Goberno galego informa ao goberno local de que a empresa de transporte municipal pretende cobras as viaxes urbanas que se abonen con tarxeta de transporte metropolitano a 1,32 €, en lugar da tarifa de 0,86 € que establece o convenio.
A Xunta de Galicia requírelle ao Concello de Vigo que axilice a integración do servizo de autobús urbano no Plan de Transporte Metropolitano nos termos que establece o convenio asinado entre ambas as administracións. O secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Joaquín Macho Canales, dirixiuse por escrito á concelleira responsable en materia de transporte, Ángeles Marra, para solicitar que se dea cumprimento aos compromisos adquiridos.
No seu escrito, o Goberno galego lembra que foi o pasado 6 de xullo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinaron o convenio de colaboración mediante o que se formalizou a integración dese Concello na Área de Transporte Metropolitano e se fixaron as bases de cooperación entre as partes para a plena implantación das tarxetas do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia nesa área e a integración do transporte urbano desa cidade.
Sen embargo, o secretario xeral técnico da Consellería advirte de que, atendendo aos últimos contactos producidos, dende a empresa concesionaria do transporte municipal (Vitrasa) se lle traslada á Xunta a intención de aplicar para as viaxes urbanas unha tarifa ao usuario de 1,32 euros en pagamentos coa Tarxeta Metropolitana de Galicia, superior á tarifa de 0,86 euros que establece o Convenio na súa cláusula sexta.
O Goberno galego entende que cando xa transcorreron catro meses dende a asunción formal por parte do Concello de Vigo e Viguesa de Transportes, SA, do compromiso integrar o transporte urbano no Plan de Transporte Metropolitano, “resulta apremiante que dito proceso culmine sen máis demora e nos termos asinados polo alcalde de Vigo”. Polo tanto, a Xunta solicita que o Concello lle traslade á empresa concesionaria do transporte municipal a indicación de que aplique as tarifas do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na ATM de Vigo conveniadas polas tres partes, nos termos que igualmente prevé a Lei da Área Metropolitana de Vigo.
Nese sentido, cabe lembrar que a Lei da Área Metropolitana de Vigo establece na súa disposición adicional decimoprimeira que “a efectiva posta en funcionamento dal Área Metropolitana de Vigo requirirá a previa integración efectiva do transporte urbano de Vigo no Plan de transporte metropolitano de Galicia, tras a formalización do correspondente convenio de adhesión entre a Xunta de Galicia e o municipio. Esta incorporación realizarase nas mesmas condicións que o resto dos municipios galegos adheridos ao plan, garantindo a igualdade de tratamento de todas as persoas usuarias”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149