GALICIA
Mato destaca que a nova Lei de Benestar animal avanza cara ao sacrificio cero, na loita contra o abandono e maltrato animal
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, presentou hoxe a nova aplicación do Rexistro de Identificación de Animais Domésticos (REGIAC) que garante maior seguridade e mellora os trámites.
![[Img #28551]](upload/img/periodico/img_28551.jpg)
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, destacou hoxe que o anteproxecto de Lei de Protección de Benestar dos Animais de Compañía de Galicia, que foi aprobado no mes de marzo polo Consello da Xunta e que se prevé entre no Parlamento no primeiro período de sesións, ten como principais eixos a loita contra o maltrato e abandono animal, así como avanzar cara ao sacrificio cero.
Mato destacou estes avances na presentación da nova aplicación informática para a xestión do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), que permite unha maior seguridade e protección, é dicir, un maior benestar; ao tempo que representa unha mellora en todo tipo de trámites para os seus donos. Así o explicou esta mañá –xunto co director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Amtega, Carlos Vázquez Mariño- durante unha visita a un centro veterinario en Ames, onde se puido comprobar o funcionamento do microchip e dos datos que este traslada á rede.
Explica que se trata dunha novidosa ferramenta que busca mellorar en prestacións e eficiencia á que se viña utilizando ata agora, que contaba con máis de dez anos de antigüidade
Durante o acto, indicou que esta aplicación é unha novidosa ferramenta que busca mellorar en prestacións e eficiencia á que se viña utilizando ata agora, que contaba con máis de dez anos de antigüidade. Sinalou que se implantará en tres fases, das que a primeira xa está rematada (revisión automática das inscricións que xa están no rexistro; comunicación telemática entre os veterinarios que substitúen ás telefónicas e rexistros de actuacións sanitarias, incidencias, perdas de localización). En segundo lugar, para xaneiro, prevese ampliar o rexistro aos concellos para que poidan consultalo e, en terceiro lugar, crearase un módulo específico para os titulares dos animais de modo que poidan consultar os datos do seu animal.
Mato Otero destacou a importancia deste rexistro que actualmente conta con máis de 400.000 animais rexistrados activos. Nese sentido, salientou a necesidade e importancia de establecer unha estreita colaboración cos veterinarios co fin de seguir concienciando da importancia de que todos os cans e animais perigosos estean inscritos, razón pola que este ano se asinou un convenio que se prolongará durante os próximos cinco anos para a xestión do Regiac.
Por último, incidiu en que a identificación, que é obrigatoria por lei antes dos tres meses, permite loitar contra o abandono dos animais, facilita a súa recuperación cando se extravían ou son roubados, axuda a garantir un control sanitario da poboación canina, e, en definitiva, contribúe de forma moi importante á protección e benestar dos animais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217