MOS
O Concello de Mos implicará aos propios traballadores na optimización do sistema de prevención de riscos laborais
Tras visitas a tódolos departamentos para escoitar e recoller propostas, presentarase un modelo mellorado con medidas preventoras e correctoras.
![[Img #28553]](upload/img/periodico/img_28553.jpg)
O equipo técnico do departamento municipal de Persoal está a traballar, coa axuda dunha empresa externa especializada na materia, na optimización do sistema de prevención de riscos laborais do Concello de Mos.
Dita mellora quedará reflectida nun proxecto que se atopa en proceso de redacción, previa visita a tódolos departamentos da administración local, para implicar aos traballadores dos mesmos e que estes aporten ideas e suxerencias; por ser os que mellor coñecen os seus respectivos postos de traballo. A ronda de visitas xa se iniciou e continuará ata ter pasado por todos e cada un dos departamentos.
Con esta investigación ou traballo de campo en cada unha das seccións municipais pretédese identificar posibles situacións de risco descoñecidas ou infravaloradas ata o momento e implantar medidas correctoras para o seu control, adiantándose ós posibles perigos sen esperar á aparición dos mesmos e ás consecuencias lesivas que poderían supoñer para os traballadores expostos.
Deste xeito aprovéitase a experiencia previa dos traballadores municipais nos seus respectivos postos para mellorar a prevención do Concello.
Unha vez rematadas as visitas de prospección, elaborarase o novo modelo municipal de prevención de riscos laborais. O modelo proposto será sinxelo, de xeito que a súa utilización sexa fácil. Ademais será concreto, facilitando a xestión dos datos que no mesmo se conteñan, que á súa vez serán os necesarios e imprescindibles para cumplir coa finalidade para a que foron deseñados, que non é outra que identificar as causas dos posibles accidentes e facilitar a mellora da planificación e xestión da prevención.
En caso de accidente, este modelo contemplará e estructurará todos aqueles campos de datos necesarios para a correcta xestión do accidente: identificación do accidentado, do lugar onde se producciu o accidente, o axente material causante e, no seu caso, parte do axente, etc.
Este modelo tamén permite e facilita profundizar a análise causal, obxectivo prioritario e principal de toda investigación de accidentes.
Un dato de gran interese e relevancia sobre este modelo é que, dado que contará con aportacións dos propios traballadores municipais, os responsables dos mesmos implicados no circuito documental previo, deberán asinar a conformidade co contido final do proxecto. No propio documento constará tal circuito a fin de garantir a actuación de persoas e/ou departamentos afectados.
Por último, destacar que se tratará dun modelo que incorporará propostas e medidas correctoras e, no seu caso, quen as realizará e os prazos previstos de execución. E así mesmo, como non podía ser doutro xeito, unha comisión de seguemento que se encargará do control da calidade e idoneidade das medidas aplicadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149