NIGRÁN
O Concello de Nigrán reforza o Punto Limpo dotándoo dunha transpaleta pesadora
A adhesión ao convenio da FEGAMP sobre Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) supón un aforro para o Concello de ao redor de 10.000 euros anuais.
![[Img #28571]](upload/img/periodico/img_28571.jpg)
O Punto Limpo de Nigrán conta dende esta semana cunha báscula de precisión transpaleta destinada aos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) que permite por unha banda unha mellor xestión dos mesmos e, por outra, que se adapte a instalación á normativa vixente. A adhesión do Concello o pasado mes de abril ao convenio entre Xunta e FEGAMP supón esta implementación nas instalacións sen prácticamente gasto algún para as arcas municipais. A maiores, a suma a este convenio permítelle ao consistorio aforrar uns 10.000 euros anuais ao non ter xa que abonar o transporte e tratamento dos RAEE. Na adhesión a esta nova plataforma de xestión traballou a enxeñeira contratada a través da Deputación de Pontevedra que, ademais de colaborar en Servizos Urbáns, analiza e mellora todos os procedementos que se empregan no Punto Limpo.
Ao longo de 2015 recolléronse 350 toneladas de restos de poda, 9´5 toneladas de televisións e ordenadores, 16 toneladas de cascallos...
"Se queremos un Nigrán máis sostible e respetuoso co medio o primordial é concienciar á xente sobre a importancia do uso do Punto Limpo e reforzar o seu funcionamento", incide Juan González, alcalde de Nigrán. Precisamente, con este obxectivo Concello de Nigrán e Cespa levaron adiante recentemente unha campaña informativa para potenciar o seu bo uso mediante o reparto entre os veciños de 10.000 folletos informativos cos seus correspondentes imáns (campaña a coste cero para o Concello ao correr todo a cargo dos fondos de 8.000 euros anuais que a concesionaria Cespa debe aportar a medidas de concienciación social).
O Punto Limpo de Nigrán recibiu en 2015 un total de 350 toneladas de restos de poda, 9´5 de ordenadores e televisores, 16 toneladas de cascallos, 11 toneladas de equipos eléctricos pequenos...

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184