MOS
Participación Cidadá propón o humor como alternativa de ocio para a mocidade mosense
O monólogo de Oswaldo Digón, “Ó mal tempo, boa cara” chega o 18 de novembro ó Centro Dotacional de Torroso.
A concellaría de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón quere por en marcha unha nova proposta de lecer alternativo e saudable para a mocidade do municipio mosense.
Despois de iniciativas como “Noites Vivas” ou “Mos coa Butaca” e, tendo en conta a súa boa acollida, quérese propor a actuación de Oswaldo Digón, monologuista galego, titulada “Ó mal tempo, boa cara”.
Dende este departamento do Concello de Mos quérense proporcionar alternativas atractivas xoves con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos para acadar unha maior participación destes, e dar continuidade a aquelas actividades que gozaron dunha favorable aceptación.
Os obxectivos desta actividade son promover un ocio saudable na xuventude do municipio de Mos, ofertar actividades de ocio atractivas e asequibles para a xuventude mosense, motivar aos xoves para un mellor uso do seu tempo de lecer, evitar o estilo de ocio actual baseado no consumo de alcohol e outras sustancias nocivas para a saúde e o correcto desenrolo persoal, crear novos espazos de socialización e divertimento; e promover a calidade de vida da xente nova.
A iniciativa consistirá na representación dun monólogo a cargo do profesional do humor recoñecido a nivel nacional, como é Oswaldo Digón. Celebrarase o venres 18 de novembro no Centro Dotacional de Torroso ás 22.00 horas, con entrada libre e de balde para maiores de 18 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149