PONTEAREAS
Os catro bolseiros da Deputación de Pontevedra continuarán seis meses máis no Concello de Ponteareas
Caritina Philippon, José Manuel Cuñarro, Lorena Bernárdez, e Manuel Piñeiro levan a cabo as súas funcións nos departamentos de Urbanismo, Vías e Obras, en Intervención e Tesourería, no Centro de Atención Temperá de ASPRODICO, e en Comunicación, respectivamente.
Os bolseiros levaron a cabo as tarefas nas súas áreas específicas durante 6 meses, desde maio, e agora acadaron a prórroga para os seguintes seis meses, até o peche de abril. A Deputación de Pontevedra asume a súa completa retribución dentro do Plan de Práctica Laboral no que outorgaron 200 bolsas a candidatos entre diferentes municipios da provincia.
O Concello de Ponteareas, por unha beira, abre as súas portas a unha oportunidade laboral para os mozos e mozas e mais, por outra, o Concello completa o seu cadro de persoal nestes departamentos.
A arquitecta Caritina Philippon, bolseira na Oficina Técnia, entende que o transcurso dos diferentes traballos reforzaron as súas habilidades para investigar, formular e desenvolver os proxectos que contribúen á solución de problemas no eido do urbanismo. Salienta, ademais, o apoio, colaboración e supervisión do resto de membros do equipo da oficina técnica.
Desde o punto de vista do economista, e bolseiro en Intervención e Tesourería, José Manuel Curraño a mellora das habilidades comunicativas é patente xa que a atención o público é habitual e esixente no día a día municipal. O coñecemento da administración pública e das normativas que rexen tanto para a función pública como para os cidadáns, tamén é un tema que destaca.
A pedagoga Lorena Bernárdez sinala que as prácticas permítenlle exercer a profesión para a que estudou nun perfil adecuado. Entende que amais de aprender, pode aplicar os coñecementos teóricos dos seus estudos. Nese aspecto, indica que é acertada a orientación das prácticas.
O xornalista, e bolseiro no ámbito da Comunicación, Manuel Piñeiro indica que a comunicación política e institucional é transversal no Concello, o que lle permitiu entender o seu oficio desde o respecto ao servizo público e a maior información ao cidadán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184