Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 10 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Unha senda peonil unirá Torroso cas Pozas

O lugar das Pozas, na parroquia de Petelos, está a ser obxecto de importantes melloras e a alcaldesa, Nidia Arévalo, anuncia a continuidade das mesmas con, entre outros, o proxecto para unha senda peonil ata Torroso.

[Img #28604]

 

Pasados os 25 anos da inauguración do Colexio de Petelos, que entrou en funcionamento no curso 1990-1991, a zona das Pozas onde se ubica o devandito centro educativo, converteuse na principal zona de servizos do Concello de Mos e a que máis cambiou nas últimas dúas décadas. Nela atópanse asentados o CEIP de Petelos, o Instituto, o Pavillón Óscar Pereiro que alberga a Piscina Municipal e o centro Multiusos, que conta con auditorio, as oficinas das concellería de Educación e Participación Cidadá, a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), a sede de Asomamos (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos), etc.


O seguinte en chegar ó lugar das Pozas sería o IES de Mos, activo tamén dende a década dos noventa, dende o curso 1994-1995 concretamente. Tras el, e recén estreado o século XXI, no ano 2001, comezaría a dar servizo a principal infraestrutura deportiva do municipio mosense, o Pavillón Óscar Pereiro, dotado de piscina, ximnasio e pista cuberta polideportiva. O último en instalarse nas Pozas sería o edificio Multiusos, inaugurado no ano 2007.


A conxunción de todos estes servizos: educativos, deportivos e culturais fixo posible a construción da actual da identidade desta zona da parroquia de Petelos que constitúe, sen dúbida, a de maior progreso evolutivo de toda a localidade.


O 25 aniversario do inicio do “cambio” en As Pozas coa chegada do CEIP de Petelos viu acompañado de máis melloras para a zona, como son as actuais obras en execución de humanización do tramo que une o Multiusos coa Capela de San Amaro; ou a propia optimización da cuberta do edificio Multiusos que acaba de rematarse.

Tamén se construiu unha pista de skate moi demandada pola mocidade, entre ela, os propios alumnos/as do Instituto.


Melloras que non quedarán ahí, senón que, tal e como hoxe anunciaba a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo “continuaremos a traballar para centralizar servizos no lugar das Pozas e acometer as dotacións necesarias a tal fin”. Xustamente esta mañá Arévalo visitaba a zona e departía cos veciños, acompañada polo edil da parroquia de Petelos e responsable de Vías e Obras, Luis Alonso, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá (departamentos municipais instalados no Multiusos), Kely Monzón. A rexedora local aproveitou a visita para anunciar a futura acometida dunha senda peonil que una a zona das Pozas con Torroso e de cuxa obra se está a redactar o proxecto nestes intres.


Consistirá en proxectar a execución dunha nova senda para peóns e ciclistas de 2 metros de ancho, cunha lonxitude aproximada de 1,4 quilómetros, entre a glorieta situada no Camiño das Pozas (Contorna do Edificio Multiusos) e o cruzamento dela Estrada do Adrovello e Cesáreo Iglesias.


A nova senda estará ao mesmo nivel que o aglomerado de circulación de vehículos, para o que será necesario ampliar a plataforma viaria actual.

 

Onde sexa necesario, proxectaranse muros de pedra para contención da nova senda.


Nestes momentos está a estudarse a marxe máis conveniente para executar a senda. Tamén se están estudando diferentes acabados de pavimentos para a senda a nivel, como aglomerado coloreado ou xabre arenoso tratado con cemento branco, por exemplo.


Últimas obras


Actualmente atópase en execución a humanización e mellora do Camiño das Pozas, na parroquia de Petelos, que comunica a Capela de San Amaro co Multiusos das Pozas.


Un dos obxectivos desta obra é a mellora da seguridade vial para os moitos peóns que a diario transitan pola zona; xa que, se nese lugar os vehículos se atopan correctamente estacionados, os peón terán un espazo delimitado e seguro por onde camiñar. Posto que se trata dun lugar que reúne a multitude de veciños e veciñas de tódalas idades, pero sobre todo maiores.


A nova beirarrúa na marxe esquerda da estrada, da que se está a dotar a zona, ten un ancho de 2 metros e as novas zonas de aparcadoiro distribuiranse en forma de espiña de peixe no tramo final máis próximo ó Multiusos. A humanización dos espazos permitirá o soterramento das redes aéreas do servizo (baixa tensión, telecomunicacións e alumeado público) que interrompen o trazado dos novos espazos públicos. Ademais plantaranse algunhas árbores nas zonas onde se dispón de espazo suficiente. Outra das actuacións secundarias consiste na dotación de sinalización vertical e horizontal para a mellora da seguridade viaria. Proxéctase tamén a execución de 3 novos vados de acceso ás parcelas unifamiliares no tramo inicial.


E por outra banda, a recentemente finalizada obra de reforma integral da cuberta do Multiusos por sufrir filtracións de auga, implicou a instalación dunha solución de chapa nervada galvanizada con acabado lacado disposta sobre rastreles, reforma das canles de recollida das augas e remates perimetrais sobre os muros, tamén de chapa galvanizada, con acabado lacado de cor gris, todo sobre a cuberta existente. A realización das referidas obras supón unha mellora na eficiencia enerxética do edificio debido a que se reducirá a demanda enerxética de calefacción do mesmo ó eliminar as humidades.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.