Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 10 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Atios acolle esta fin de semana a I Festa do Outono

[Img #28606]Cogomelos, castañas, viño novo e todos os sabores deste tempo poden degustarse na I Festa do Outono que organiza a  Asociación Cultural os Penediños de Atios, en colaboración coa comunidade de montes. Durante tres días haberá diversos actos para que nenos e maiores disfruten da micoloxía e os magostos.

 

O programa desta I Festa do Outono inclúe as VII Xornadas Micolóxicas que ven organizando a xunta de montes. Así, o xoves día 10 os nenos de 5º e 6º curso de primaria do colexio público de Atios participarán nunha actividade de iniciación á micoloxía. As nove e media da mañá un experto impartiralles unha charla para que coñezan de xeito moi didáctico e divertido o mundo dos fungos, o seu uso gastronómico e, sobre todo, a perigosidade de determinadas especies. Logo da charla subirán ao monte acompañados do experto, dos mestres e do persoal da comunidade de montes.

 

O sábado 12 é o gran día da Festa do Outono.  As cinco da tarde, no Centro Social e Cultural haberá unha exposición de cogomelos e un obradoiro para os cativos, en que desenvolverán actividades relacionadas con esta estación do ano. Apenas unha hora máis tarde todos os veciños están convidados a un magosto, no que non faltarán as castañas asadas, o viño novo, as filloas, etc. Para rematar este día,  o auditorio do centro Cultural acollerá un festival de cantareiras, coa actuación dos grupos Os Afoutos de Ponteareas e Os Penediños de Atios

 

E o domingo 13 ten lugar a segunda parte das Xornadas Micolóxicas, aberta a todos os veciños e visitantes. As nove e media da mañá xuntámonos na área recreativa da Veiguiña para, dende aí, saír en grupos polo monte adiante para recoller cogomelos. Logo, o mesmo experto que estivo na xornada do xoves, explicará as características dos exemplares recollidos e resolverá as dúbidas que se lle plantexen. A actividade remata na cafetería do Centro Cultural onde degustaremos algúns pratos variados preparados con cogomelos.

 

E para rematar a fin de semana, o domingo ás 19 h., haberá un Festival de corais, coa presenza das corais polifónicas Val do Avia de Ourense, Novas Voces de Celado-Mos e, exercendo como anfitrioa, a Coral Polifónica de Atios.

 

O que se pretende é continuar coa difusión da micoloxía, concienciar sobre a importancia deste recurso natural para o coidado do monte e, sobre todo, que os veciños participen das  auténticas tradicións do outono.

 

Máis información sobre esta e outras actividades na web www.pedraquefala.gal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.