Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 11 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde de Tui solicitará reunirse co novo goberno da Xunta para trasladarlle as demandas do municipio

Amosa a disposición do goberno a colaborar para levar adiante o novo colexio de Pazos de Reis e as rotondas de Areas e Guillarei.

[Img #28635]

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, solicitará reunirse co novo goberno da Xunta, unha vez estea conformado, para trasladarlle as demandas que ten o municipio. O rexedor tudense así o avanza tras o anuncio feito onte por Alberto Núñez Feijoo no seu discurso de investidura de construción do enlace ao parque empresarial de Areas na VAP Tui-A Guarda e do novo edificio xudicial na cidade. Nese senso Enrique Cabaleiro considerou significativo que o presidente da Xunta, no seu discurso de investidura, recoñeza os compromisos que a Xunta de Galicia ten pendentes con Tui.  Ao tempo lembrou outras demandas do goberno municipal coma son a construción dun novo colexio para Pazos de Reis e de dúas rotondas, unha na Po 404 en Guillarei para dar acceso á veiga do Louro onde está a EDAR de Guillarei, e na Po 552 a altura de Areas no cruzamento coa Po 350 cara Tebra. Estas demandas, consideradas coma inaprazables polo alcalde, buscará trasladarllas persoalmente aos conselleiros responsables tan pronto coma tomen posesión co obxectivo de que asuman o compromiso de levalas adiante. Enrique Cabaleiro brindará á Xunta a estreita colaboración do goberno municipal para satisfacer as necesidades que neste momento ten o municipio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.