GALICIA
A Estación de montaña de Manzaneda terá en conta o galego na súa información cara os seus usuarios
O Director Xeral da Estación de Montaña Oca Nova de Manzaneda (MEISA), Gustavo Samartín asegurouno nun escrito remitido á entidade.
![[Img #28634]](upload/img/periodico/img_28634.jpg)
O Director Xeral da Estación de Montaña Oca Nova de Manzaneda (MEISA), Gustavo Samartín, púxose en contacto coa Mesa para falar sobre o uso do galego nos seus servizos cara o público.
Gustavo Samartín afirmou nun escrito dirixido á Mesa que a web www.manzaneda.com está nun proceso de renovación mais que a nova páxina que estará dispoñíbel en breve contará coa presenza da lingua galega.
Segundo comunicou a web está temporalmente en castelán só por motivos técnico-económicos ao estar en pleno proceso de mudanzas mais no momento que estes cambios estean realizados a web terá o galego como idioma.
Esta resposta prodúcese tras a denuncia por parte da Mesa dunha mensaxe ofensiva coa lingua galega realizada pola web manzaneda.info a un usuario. Esta mensaxe foi atribuída por erro á estación de montaña que neste momento non conta con ningunha presenza do galego.
Da Mesa agardan que este cambio se produza á maior brevidade posíbel.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217