GALICIA
O DOG publica o decreto polo que se aproba o regulamento da nova Lei do solo, que unifica xestión, planeamento e disciplina
O texto lexislativo entrou en vigor en marzo deste ano e establecía o prazo dun ano para desenvolver o regulamento.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba onte o decreto polo que se aproba o regulamento da nova Lei do solo de Galicia (http://bit.ly/2fBWziS), que entrará en vigor no prazo dun mes.
Con esta publicación, dáse cumprimento á disposición final 5ª do texto lexislativo, que entrou en vigor en marzo e que establecía o prazo dun ano para poñer en marcha este regulamento.
Deste xeito, a Lei do solo 2/2016 convértese na primeira da historia de Galicia co seu propio regulamento
Trátase dun regulamento integral, que inclúe a xestión, o planeamento e a disciplina, o que facilitará considerablemente a súa aplicación, xa que unifica e substitúe aos tres regulamentos que existen actualmente: os estatais de planeamento e xestión, vixentes desde 1978; e o autonómico de disciplina, aprobado en 1999.
O seu obxectivo é facilitar a aplicación da Lei entre os axentes que interveñen na transformación do territorio: técnicos das administracións, arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros, rexistradores, etc. Ao mesmo tempo, clarifica a interpretación do texto lexislativo e aporta seguridade xurídica, a través de elementos como a definición de conceptos urbanísticos homoxéneos para todos os concellos, ou o modelo de ficha resume con todos os datos que contempla un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Deste xeito, a Lei 2/2016 do solo convértese na primeira da historia de Galicia que conta co seu propio regulamento, redactado polo mesmo persoal técnico da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo que redactou o texto lexislativo e que estivo traballando, paralelamente, nestes dous textos que conforman o novo marco normativo urbanístico galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217