Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 10 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves aposta pola revitalización do Mercado

O Concello renova as instalacións e organiza un curso de coworking.

Avanzando no plan de posta en valor e revitalización do Mercado Municipal, o goberno local anuncia a vindeira finalización das obras de mellora do edificio que se executaron durante as últimas semanas.

 

Con estas obras quedarán restaurados catro espazos que se pretenden ocupar con emprendedores e emprendedoras que precisen un establecemento no que desenvolver unha actividade económica ou social. Para facilitalo e impulsar ademais o comercio local e a creación de autoemprego, realizarase tamén un curso gratuíto de coworking.

 

O curso, que terá lugar nos vindeiros días 12 e 13 de novembro en horario de 11:00 a 19:00 h, é aberto a toda a poboación das Neves e da comarca, e está especialmente dirixido a persoas interesadas no emprendemento no rural, no negocio on-line, no marketing, no coworking, en facer medrar o seu negocio ou en crear un. Dado que as prazas son limitadas, para asistir é preciso inscribirse enviando unha mensaxe ao enderezo electrónico clemosmartinez@hotmail.com ata o 10 de novembro.

 

Iniciativas coma estas facilitan a creación de emprego e fan máis atractivo o comercio local, accións que, recalca o alcalde: “son unha prioridade para nós dende que chegamos ao goberno, un chanzo máis para dinamizar o concello e reverter a tendencia de perda de poboación que vimos padecendo nas últimas décadas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.