Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 13 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Abel Losada visita Salceda para coñecer a problemática da estrada PO511

O grupo parlamentario ven de presentar unha proposición non de lei no Parlamento Galego.

[Img #28646]

 

Despois de que o grupo municipal socialista conseguise sacar adiante no último pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a que instale puntos de luz na PO-511 (antiga PO-510) ó seu paso polo termo municipal de Salceda de Caselas, hoxe o Deputado galego visitou a zona.


Abel Losada, xunto coa voceira socialista e compañeiros da agrupación local, visitaron varias zonas da estrada, onde a falta de iluminación provoca, entre outros, problemas de visibilidade para os condutores e tamén para os veciños e veciñas que camiñan con inseguridade a diario polas vías de servizo paralelas a esta estrada.

 

Neste senso, o deputado explicou, que no día de onte o grupo parlamentario socialista presentou unha proposición non de lei sobre este tema no Parlamento Galego. Na mesma, ademais de solicitar a instalación de puntos de luz nesta estrada, o grupo insta a que a Xunta de Galicia desenvolva un Plan Autonómico de mellora das condicións de seguridade das estradas de titularidade autonómica.


Na súa opinión, Losada incide en que “as drásticas políticas de recortes que o goberno do Partido Popular ven de desenvolver dende 2009 ata a actualidade, ten afectado a múltiples aspectos das condicións e calidade de vida dos cidadáns, en moitos ámbitos, un dos máis relevantes é a política de mantemento e seguridade da rede de estradas de Galicia, cunha caída orzamentaria moi notable”.


Verónica Tourón, voceira municipal, afirma que, “son necesarios investimentos da administración autonómica na seguridade vial e nese ámbito a estrada PO510 que é moi transitada ó seu paso polo noso termo municipal é un claro exemplo de inseguridade, atopándonos sen ningún tipo de alumeado a pesares da proximidade de zonas con elevada densidade de poboación.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.