Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 22 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Ata o xoves 24 pódense presentar as solicitude de axudas para estudos no Conservatorio ou na Escola de Música de Tui

O Concello destina 7 mil euros a este fin que persegue facilitar os estudos musicais á familias con menos recursos.

[Img #28655]

 

O Concello de Tui convoca as axudas para os alumnos dos dous centros de estudos musicais da cidade, o Conservatorio Profesional e a Escola de Música, para o curso 2016-2017 ao que destina un total de 7 mil euros.  As bases desta convocatoria veñen hoxe publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e pódense consultar tamén no taboleiro de anuncios do concello ou na web municipal.


O obxectivo desta convocatoria é chegar a aquelas familias que realmente precisen a axuda, que os alumnos pertencentes a familias con baixo nivel de ingresos teñan acceso á bolsa, realizar un seguimento daquelas familias que se detecten de alto risco, e analizar a poboación demandante e valorar a súa necesidades.
Poden solicitar estas axudas os alumnos tanto do Conservatorio Profesional de Grao Medio coma da Escola de Música, que estean empadroados en Tui, teñan o curso completo 2015/16 aprobado e que os ingresos da unidade familiar non superen 3 veces o IPREM (22.365,42€).


As solicitudes poden presentarse dende hoxe e ata o xoves 24 de novembro no rexistro de entrada da casa do concello. Deberase achegar o modelo oficial de solicitude, xunto a fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, e no caso de menores o libro de familia. Tamén deberá presentarse xustificación dos ingresos, copia da matrícula deste curso, entre outros documentos que se poden consultar na bases.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.