Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 13 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Preto de 100 veciños das parroquias de Cela e Tameiga beneficiaranse do servizo de saneamento

Acometerase a instalación da rede nas zonas de Atín e Pedraucha grazas a un convenio coa Xunta. O proxecto será aprobado polo Pleno de Mos a finais deste mes.

[Img #28658]

 

O Pleno do Concello de Mos aprobará en sesión ordinaria do presente mes de novembro o proxecto de acometida do saneamento nas zonas de Pedraucha (parroquia de Tameiga) e Atín-Cela. Para a realización destas obras asinouse o pasado mes de xullo un convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a administración local mosense.

 

Esta aprobación plenaria do proxecto é necesaria para que Augas de Galicia poida contratar a obra, paso previo ó inicio dos traballos que se estima poidan comezar de cara a principios do ano que ven.

 

A Xunta destinará unha dotación de preto de 260.000 euros á rede de saneamento das zonas de Pedraucha e Atín-Cela. Esta actuación, está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

 

En concreto, as obras previstas consistirán na execución dunha nova rede de saneamento en puntos que aínda non dispoñen dela, na zona de Pedraucha e de Atín–Cela. O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de vida nestas zonas de Mos, eliminando puntos de vertedura e, grazas a iso, mellorando a calidade das augas dos ríos da contorna.

 

A actuación de Atín-Cela saneará a 20 vivendas, é dicir, unhas 40 personas que a maiores disporán deste servizo básico. A actuación en Pedraucha saneará a unhas 25 vivendas, o que supón unhas 50 personas. O orzamento de execución por contrata (IVE incluído) ascende a 259.261,53 euros.

 

As obras contidas neste proxecto consisten, no núcleo de Pedraucha, na execución de 4 tramos de colector, un pozo de bombeo prefabricado e un tramo de impulsión. Os colectores de gravidade son todos de PVC 315 mm, e suman unha lonxitude de 664 metros.

 

O pozo de bombeo é prefabricado, de sección circular e diámetro interior 1.000 mm, cunha altura de 3,50 metros. Previo ao pozo de bombeo executarase un pozo no que se instala un cestón de grosos circular, de diámetro 390 mm e profundidade 400 mm, de aceiro INOX. Deste pozo parte o aliviadeiro (tubo PVC 315 mm).

 

No lugar de Atín-Cela se instala un pequeno tramo de colector de PVC 315 mm, nun camiño que desemboca na estrada P0-331. Trátase dunha lonxitude de 57 metros. Este colector conectarase ao que está previsto executar baixo a senda peonil de próxima construcción na PO-331.

 

O obxectivo destas actuacións é conseguir que a poboación destas zonas se conecte á rede xeral para que as súas augas residuais cheguen así á EDAR de Guillarei. Tratase dunha rede separativa e se instalarán colectores para augas fecais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.