GALICIA
O XIII Premio Luísa Villalta premia a mellor idea para a promoción do uso do galego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, as tres universidades galegas e a CTNL concédenlle o premio nesta modalidade ao traballo presentado baixo o lema 'Que o verso baixe á rúa'.
A XIII edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, que convocan conxuntamente o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (UVigo), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa ten traballo gañador na modalidade de “Mellor idea para a promoción do uso do galego”.
O xurado, integrado por representantes das catro entidades convocantes e tamén da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), na súa reunión do 10 de novembro, decidiu por unanimidade concederllo ao proxecto presentado baixo o lema “Que o verso baixe á rúa”, da autoría de Patricia Carballal Miñán, Estefanía Mosquera, Mª Montserrat Muriano, Iria Sobrino e Roberto Suárez, todas elas docentes da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.
A autoría correspóndelle a un grupo de docentes da Facultade de Ciencias da Educación da UDC
O xurado valorou especialmente no seu ditame a rigorosidade técnica e normalizadora da proposta, a súa potencialidade para favorecer e visibilizar a reflexión sociolingüística, a capacidade de ampliar esta idea a outras disciplinas universitarias, a súa incidencia positiva na galeguización da paisaxe e o aproveitamento da intervención artística nos espazos públicos para os obxectivos de promoción do uso social da lingua propia de Galicia.
O tribunal de selección decidiu tamén por unanimidade deixar deserto o premio na modalidade “Deseño dunha campaña normalizadora”. Á convocatoria concorreron un total de seis proxectos, tres en cadansúa modalidade. Toda a información en http://ir.gl/9534f8.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217