Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 14 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva recibe ás preto de 300 persoas beneficiarias do Plan de Práctica Laboral en empresas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que se vai premiar ás empresas que contraten aos bolseiros e bolseiras que realicen as prácticas nelas.

[Img #28725]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu hoxe ao acto de benvida dos preto de 300 bolseiros e bolseiras do Plan de Práctica Laboral (que comezarán as súas prácticas mañá mesmo) en empresas da provincia de Pontevedra no salón de actos do Museo de Pontevedra. Durante o acto, os mozos e mozas puideron ademais escoitar o relato dunha das bolseiras que participou na edición de 2014, Alba González (e que foi contratada pola empresa ao seu remate), así como unha sesión da coach Nelly Rey.

 

Carmela Silva asegurou que “este acto quere mandar moitas mensaxes á provincia de Pontevedra, e dunha maneira diferente: poñendo en valor o optimismo, xa que o optimismo é o único que pode facer que o mundo cambie. Querémoslle dicir a Pontevedra que nesta provincia hai moitísimo talento, coñecemento e xente con ilusión. Hoxe temos connosco a preto de 300 mozos e mozas que reclaman o seu espazo para cambiar o mundo dende a empresa, dende o mercado laboral”.

 

A Presidenta da institución provincial asegurou que “este plan ten como obxectivo ser conscientes de que existe un teito de cristal que fai que a xente con formación teña serias dificultades para entrar no mercado laboral”. Isto é así porque, salientou a Presidenta, “cando pode xurdir emprego o que se pide é experiencia, e iso é imposible no momento de rematar os estudos universitarios ou de formación profesional”. Por iso “o Plan de Práctica Laboral naceu de aí, dese hándicap, e quere converterse nun tránsito na formación pero chegar moito máis aló”.

 

De feito, como declarou Carmela Silva, “por primeira vez este ano imos premiar máis ás empresas que contraten aos bolseiros e bolseiras dese plan. Queremos que aumente o 15% de empresas que asinan un contrato laboral” coas empresas onde realizaron estas prácticas. Lembramos que a este dato do 15% habería que engadirlle a porcentaxe de inserción laboral do 40% de bolseiras e bolseiras que atoparon traballo noutras empresas do sector pero non participantes nas convocatorias.

 

Silva, ademais, pediu aos bolseiros e bolseiras “que esteades en permanente contacto coa Deputación de Pontevedra para coñecer as vosas experiencias, os aspectos positivos e todo o que non funciona, para que poidamos seguir mellorando”. Ademais, a Presidenta sinalou que “contratamos a unha empresa para facer un seguimento do plan, porque queremos que as persoas traballen en aquilo no que se formaron e como se está a desenvolver para podelo mellorar”.

 

A Presidenta provincial asegurou que “é fundamental que as Administracións aposten polo emprego aínda que non teñan competencias porque hai unha realidade: necesitamos crear emprego no que as mozas e mozos da nosa provincia atopen un espazo, xa que teñen os coñecementos, as ganas e o talento”. Carmela Silva dirixiuse aos bolseiros e bolseiras para asegurar que “as nosas empresas tamén precisan o cambio continuo que está a vivir o noso mundo para poder ser competitivas, diferenciarse, ter capacitación de internacionalización, innovación e investigación, e polo tanto vós debedes pór en práctica o voso coñecemento, porque as empresas o precisan”. “Hai moitas dificultades pero tamén oportunidades que debemos aproveitar. Grazas a este plan as empresas creceron ao ter máis recursos, e tamén lles permitiu abrir ámbitos e aumentar as súas ofertas de negocio”, concluíu a Presidenta.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.