Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 14 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos está a traballar nun plan integral de apoio ás familias

Un plan que aúna bonificacións e potenciación da información para este colectivo.

[Img #28727]

 

O Concello de Mos está a traballar nun plan integral de apoio ás familias que se basea en dous pilares fundamentais: información e exención/bonificacións en taxas e servizos municipais.


Respecto deste segundo pilar, o goberno local mosense ven de presentar a semana pasada o ozamento para o vindeiro exercizo económico correspondente ao ano 2017, que será aprobado no Pleno deste mesmo mes de novembro. Coa presentación do novo presuposto a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, anunciaba un importante aumento en gasto social, partida que se incrementa en case 200.000 euros respecto de 2016 acadando a contía dun millón de euros; sendo, sen dúbida, a partida que máis crece.


Dentro da categoría do gasto social creouse unha nova partida para equipamento de vivendas sociais destinadas a familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, que ascende a 8.500 euros.


E tamén en materia social establécense bonificaciones e facilidades de pago de impostos e taxas municipais a persoas con necesidades especiais (usuarios dos Servizos Sociais municipais, familias numerosas, etc.). Tal é o caso da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos que se prestan na piscina municipal e a gratuídade do transporte urbano para os menores de 19 anos.


Deste xeito, as familias con fillos/as menores de 19 anos poderán beneficiarse da subvención para os mozos/as do bus urbano, xa que se está a tramitar a gratuídade do servizo para menores de 19 anos mediante a Tarxeta Nova. E xa se aprobou en Pleno, coa conseguinte entrada en vigor ao comezo do próximo ano 2017, a modificación da ordenanza da taxa da piscina municipal que implica a ampliación dos descontos para as familias con nenos inscritos nos cursos de natación.


O novos descontos suporán dous beneficios fundamentais: cando un usuario da piscina teña fillos menores de idade que se apunten en cursos de natación, o primeiro fillo pagará o 50% do curso e o segundo fillo e seguintes poderán asistir de forma totalmente gratuíta e cando os usuarios que se inscriban no mesmo curso de natación sexan dous ou máis irmáns menores de idade, o primeiro pagará as taxas correspondentes ao curso no que estea inscrito e o segundo e seguintes pagarán o 50% por cento da taxa correspondente.


Sobre o segundo pilar deste proxecto de apoio ás familias, o informativo, buscarase a fórmula máis eficaz e eficiente de facerlles chegar ás familias do municipio mosense información completa e integral dos servizos, actividades, prestacións e axudas aos que poden acceder; mediante material gráfico divulgativo, redes sociais, servizo de mensaxería instantánea (TokApp School), etc. Ademais intensificarase a coordinación interdepartamental na administración local para velar polos intereses das familias do municipio.


A este respecto Arévalo, rexedora local mosense, declarou que “o de Mos é un Concello sensibilizado coas necesidades de conciliación da vida familiar e laboral e que ten moi en conta as características especiais do importante colectivo poboacional que integran as familias”. E é que este plan integral de apoio ás familias ven a continuar e complementar o labor iniciado fai xa varios anos polas concellerías de Política Social e Participación Cidadá, -que dirixen as edís Sara Cebreiro e Kely Monzón, respectivamente-, con proxectos e iniciativas coma: Ocio en Familia, colaboración coas ANPAS subvencionando a Aula Madruga, as Ludotecas Municipais (a de San Rafael xa en funcionamento e a de Louredo en construción), a futura nova Escola Infantil na Veigadaña, campamento matinal infantil estival (Mañás de Verán), actividades de fomento da lectura para familias na Biblioteca Municipal, axudas e subvencións para comedor escolar e adquisición de material escolar; ou cursos de seguridade infantil dirixidos a pais e nais coma os de Sistemas de Retención Infantil e Primeiros Auxilos para bebés.


Ademais durante o vindeiro mes de decembro intensificaranse as políticas e iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral, xa que se trata dunha época na que os pais ven multiplicadas as súas necesidades en materia de conciliación, con motivo dos festivos da ponte da Constitución e das vacacións escolares de Nadal.
Axudas para actividades extraescolares.

 

Para complementar aínda máis este plan integral, xustamente mañá abre o prazo de inscrición para solicitar as axudas municipais para a realización de actividades extraescolares. Dito prazo é de 20 días naturais a contar a partir de mañá.

 

Estas subvencións de actividades extraescolares teñen por obxecto a concesión de axudas ás familias do alumnado de segunda etapa de Educación Infantil e tódolos cursos de Educación Primaria para o curso 2016/2017 nos CEIP públicos do Concello de Mos (CEIP Atín-Cela; CEIP Pena de Francia; CEIP Petelos; CEIP Mestre Martínez Alonso; e CEIP Mestre Valverde Maio) sempre e cando estas actividades non gocen xa de gratuidade, como é obvio.

 

Para a concesión da axuda terase en conta o número de membros e a renda per cápita da familia, partindo do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM=532,51€).

 

Por todo isto, queda demostrado que a familia importa en Mos, e o goberno local quere seguir a traballar para darlle o lugar que merece.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.