Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 15 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As analíticas preliminares aos restos oseos de dous dos nenos atopados na Lanzada sitúanos nos séculos I e II D.C.

A Deputación de Pontevedra remitirá máis ósos de “Cornelia” para obter unha segunda avaliación debido á posibilidade dunha alteración nas súas probas.

A Deputación de Pontevedra vén de obter os resultados das probas do carbono 14 realizadas a varios dos restos atopados na escavación arqueolóxica do Campo da Lanzada, en Sanxenxo, no laboratorio “Beta Analytics” de Miami. Estas probas sitúan a dous dos nenos atopados entre os séculos I d.C. (o máis próximo ao de “Cornelia”) e a outro dos pequenos no século II d.C. Lembramos que ata o momento o equipo de Arqueoloxía da institución provincial xa atopou no Campo da Lanzada un total de 15 corpos, 11 deles correspondentes a nenos e nenas, 3 a persoas adultas e, ademais, os restos dun can. Estas probas sinalan, á vez, que todos eses 11 nenos e nenas atopados tiñan menos dun ano de idade no momento de falecer.

 

Malia a isto, a Deputación de Pontevedra volverá remitir máis probas a este mesmo laboratorio para confirmar a análise feita aos restos da muller coñecida como “Cornelia”. Isto é así porque a proba sinala que “Cornelia” pertence ao século V d.C., pero considérase que debido á súa dieta cun alto consumo de mariscos e de peixe isto resultou nunha alta presenza de coláxeno, o que puido producir unha variación analítica nos seus ósos. Por este motivo, o equipo de Arqueoloxía da institución provincial remitirá de novo ao laboratorio máis ósos que permitan concretar unha data, vista a disparidade entre as obtidas nas análises realizadas e “Cornelia” e ao resto de corpos atopados no xacemento arqueolóxico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.