PROVINCIA
Carmela Silva destaca a importancia de visibilizar o traballo das mulleres no mundo do mar
A Presidenta da Deputación inaugurou a xornada “Bo uso e mal uso do mar: sustentabilidade en feminino” da Universidade de Vigo.
![[Img #28729]](upload/img/periodico/img_28729.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou onte a xornada “Bo uso e mal uso do mar: sustentabilidade en feminino”, organizadas pola Facultade do Deporte da Universidade de Vigo, na que subliñou que o sector do mar en Galicia “fala con nome de muller” polo que é necesario “visibilizar o papel da muller neste sector”.
Carmela Silva recordou que todo o sector primario en Galicia as mulleres teñen un papel principal pero que non recoñecido. Destacou o papel da muller no sector conserveiro, nas fábricas de conxelado, as redeiras ou as mariscadoras, sobre as que están centradas a xornada, pero que sen embargo, apenas están representadas nos órganos de dirección.
A Presidenta tamén destacou a preocupación que teñen as mariscadoras por ter unha rendibilidade económica do seu traballo pero tamén de garantir a sustentabilidade do medio mariño como fonte de riqueza e de futuro. Precisamente , Silva considerou que a sustentabilidade debe estar no discurso e na axenda política.
A Presidenta estivo acompañada na presentación da xornada pola súa organizadora María M. Álvarez Lires. Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais. Universidade de Vigo, por Francisco Díaz-Fierros, Vicepresidente do Consello da Cultura Galega e polo vicerreitor do campus de Pontevedra Juan Manuel Corbacho.
Por último, Carmela Silva mostrouse moi satisfeita pola asistencia as xornadas e agradeceu á Facultade este tipo de encontros xa que a Universidade, que é onde reside o coñecemento, ten que ser un transmisor a sociedade deste mesmo coñecemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129