Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 14 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Empeza en Torneiros Curso de Torneiro-Fresador, organizado pola Concellería de Emprego

[Img #28734]

 

A Concellería de Emprego ven de poñer en marcha, logo dun longo e dificultoso proceso, un ‘Curso de Torneiro-Fresador’ de 100 horas de duración, que empezará este mesmo mércores, día 16 de novembro, e rematará o vindeiro 21 de decembro.


Coma sinala a concelleira, Soledad Girón, o curso de Torneiro-Fresador é, sen dúbida, o máis demandado, tanto é así que so foi posible atender 12 das máis de medio cento de solicitudes presentadas, “polo cal xa estamos proxectando facer outro nos vindeiros meses”.


Os asistentes a este curso, organizado integramente polo Concello, que se impartirá no Multiusos de Torneiros de 4 e media da tarde a 9 da noite, terán 70 horas teóricas, os luns, mércores e venres, e 30 horas prácticas, os martes e xoves, nunha empresa radicada no Porriño.


Ademais, dende o pasado día 10, organizado tamén pola Concellería de Emprego e impartido por persoal especializado da Fundación Laboral da Construción, deu comezo un curso sobre Prevención de Riscos Laborais.


No mesmo, que terá unha duración total de 60 horas, ata a súa finalización o 15 de decembro do mes que ven, participan 25 alumnos, que reciben a formación, tamén no Centro de Torneiros, de 9 da mañá a 2 da tarde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.