MOS
Mos estudia a mellora do Camiño de Santiago
Traballan nunha alternativa para fomentar a afluencia de peregrinos e optimizar a súa seguridade.
![[Img #28763]](upload/img/periodico/img_28763.jpg)
O Concello de Mos está a traballar nun proxecto de mellora integral do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola localidade, que implicará nova sinalización e paneis informativos, unha pasarela peatonal e un estudio de replantexamento dun tramo perigoso para os viandantes.
A nova sinalización con sinais direccionais orientativos e os paneis informativos potenciarán sobre todo a zona do Pazo de Mos, cun modelo que inclúa datos moi completos mediante os que os camiñantes, nada máis saír do Porriño e entrar no termo municipal mosense, poidan ter información do tipo: cantos quilómetros lles quedan ata o Pazo de Mos, que ao chegar ao Pazo atoparanse tamén cunha serie de servizos como albergue de peregrinos, tenda, bar, restaurante, cafetería, etc. e con outras xoias patrimoniais como a Igrexa de Santa Eulalia de Mos. Este proxecto estará rexido en todo momento pola normativa establecida polo Xacobeo.
Por outra banda a pasarela peatonal que cruzará o nudo de Amieirolongo en Sanguiñeda, que enlazará o punto quilométrico 306 da A-52 coa Nacional 550, zona onde se atopan situadas varias superficies comerciais, será acometida próximamente polo Ministerio de Fomento, investindo un orzamento de 130.000 euros; para o que xa conta co proxecto aprobado, permiso de Patrimonio e coa cesión dos terreos por parte do Concello de Mos dende o pasado mes de maio.
Con esta pasarela evitarase que os peregrinos (así coma calquera outro viandante e/ou veciño) teñan que cruzar a estrada Nacional 550 no perigoso cruce de Amieirolongo.
A estes efectos reuníronse onte en Mos o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, a concelleira de cultura mosense, Sara Cebreiro, o edil de Vías e Obras, Luis Alonso, o arquitecto municipal, técnicos da Xunta de Galicia e os representantes da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Javier Marbán Viltro e Juan José Sánchez Fernández.
Ademais do anteriormente exposto, esta xuntanza centrouse na realización dun estudio para probar un tramo alternativo dunha parte do traxecto do Camiño que transcorre por Mos, que vai de Amieirolongo á Veigadaña e é onde se atopan os dous puntos negros máis perigosos para o peregrino e que se tratan de evitar. Ditos puntos son unha curva na estrada N-550 na que hai que cruzar e a vía do tren que hai que cruzar a pé tamén.
Coa alternativa en estudio evitaríase ter que cruzar nestes dous puntos, polo que agora dende a Xunta, tanto o Xacobeo como Patrimonio, valorarán a viabilidade da mesma.
Todos os presentes no encontro desta mañá, fixeron un traballo de campo para coñecer de primeira man as necesidades do tramo e realizaron a pé o percorrido dende Chan do Bosque en Amieirolongo ata Veigadaña, percorrido no que se atopan os dous puntos negros obxecto de ser solucionados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149