Viernes, 10 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A feira ABANCA CIMAG-GANDAGRO cita de referencia para a raza frisona

ADEMAIS TERÁN LUGAR O XXXIII CONCURSO DE XÓVENES MANEXADORES E O X CONCURSO DE PREPARADORES DE GANDO

[Img #28798]

 

A II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2017, a cal se celebrará do 26 ao 28 de xaneiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, volverá a ser marco dos concursos da Federación Frisona Galega (Fefriga).

 

Así, ao longo do venres 27 e o sábado 28 de xaneiro terán lugar o XXVI Concurso Autonómico da Raza Frisona FEFRIGA´17 e o XXXIV Open Internacional da Raza Frisona GandAgro´17, os cales se converterán en punto de encontro da mellor cabana bovina tanto galega como de fóra da comunidade.

 

Estes exemplares competirán polos títulos de Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e polo de Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional (segundo o concurso) nas de xovenca e vaca. Tamén se recoñecerá ao Mellor Criador de Galicia e ao Mellor Criador Internacional.

 

Así mesmo, como novidade nestes certames, entregarase un galardón máis, tanto no Concurso Autonómico como no Internacional. Será á Mellor Gandería de Nova Participación, outorgándose un primeiro e un segundo premio ás dúas mellores explotacións que non participaran con anterioridade ao 2017. Ademais, tamén será novidosa respecto á pasada edición a entrega de premios en metálico á xovenca  e  vaca “Gran Campioa” de ambos certames.

 

Xóvenes manexadores e preparadores

 

A estes certames sumarase, tamén de man de Fefriga, o venres 27, o XXXIII Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”, no cal os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en pista dos animais. Ademais, engadirase, o día anterior, o X Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando GandAgro´17, no que os participantes amosarán a súa destreza  preparando ao gando para logo presentalo.

 

 

Aberto o prazo de inscrición

 

O prazo de inscrición para participar nestes catro concursos xa está aberto dende hoxe. No caso dos morfolóxicos Autonómico e Internacional as inscricións pecharanse o día 19 de decembro, mentres que no de Manexadores e Preparadores farano o día 15 de xaneiro. A documentación está dispoñible na páxina web da feira.

 

A celebración destes concursos converterá a ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2017 nun espazo de referencia para esta raza, co obxectivo de estimular aos gandeiros na cría de animais de alta calidade xenética como medio de rendibilizar as súas explotacións e de orientalos sobre as tendencias actuais de selección, ademais de poñer de manifesto o alto nivel xenético e morfolóxico dos seus animais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.