Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 18 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

‘A Nosa Veciña’ amosa a proximidade da violencia de xénero

A obra de teatro será representada mañá ás 20.30 horas no Multiusos polo grupo mosense de teatro de mulleres.

[Img #28845]

 

Onte presentábase o programa de actos organizado con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o vindeiro día 25 do presente mes de novembro.


Entre as actividades que se realizarán este ano atópase representación dunha obra de teatro que terá lugar mañá mesmo, sábado 19 de novembro. O título da peza é ‘A Nosa Veciña’, e corre a cargo do Grupo de Teatro de Mulleres de Mos.


Dará comezo ás 20.30 horas no auditorio do Multiusos das Pozas, con entrada libre e de balde para todo o público asistente.


As ‘ghaliñas’ de Mos volven á escena. Mañá veñen contar a historia de María, unha muller ama de casa, utilizada e reprimida polo seu marido. Unha sátira social de Darío Fó en código de traxicomedia que fará aos espectadores reflexionar sobre un dos problemas máis importantes dos nosos días, o machismo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.