MOS
Mos ofrece un novo servizo gratuíto para empresas de recollida de cartón porta a porta
O vindeiro mércores, 23 de novembro, ás 20.00 horas na Axencia de Colocación celebrarase unha charla informativa.
A concellería de Medio Ambiente mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, xunto coa empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e coa colaboración de Aemos, organizan unha reunión informativa aberta a todas as empresas de Mos, tanto pequenas (bares, cafeterías, farmacias, librerías, etc.), como medianas e grandes.
O encontro irá dirixido a presentar un novo servizo gratuíto de recollida de cartón porta a porta para empresas, industrias e establecementos comerciais. Celebrarase o vindeiro mércores, 23 de novembro, ás 20.00 horas no salón de actos da Axencia de Colocación.
Trátase dun servizo pensado para facilitarlles aos empresarios os labores de desfeito e reciclaxe de cartón ó tempo que se evita o desbordamento dos contedores destinados a ese material, que poidan dificultar o uso dos mesmos por parte de cidadáns particulares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149