Domingo, 12 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Mellora da estrada que une o Meixoeiro co CUVI, entre Mos e Vigo

O deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, presidiu a mesa de contratación na que a Deputación de Pontevedra continuou o proceso de contratación das obras relativas á sinalización da estrada E.P. 2005, que une o Meixoeiro co CUVI, entre Mos e Vigo, coa apertura das plicas dos sobres nos que se contiñan os criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas despois de que a semana pasada se abrisen as correspondentes a criterios non avaliables por este procedemento. A este concurso público presentáronse 14 empresas.

 

A execución da obra de mellora da sinalización na estrada provincial 2005 entre o Meixoeiro e o CUVI, en Vigo, ten un presuposto de licitación de preto de 100.000 euros (99.319,95 €). Dentro desta obra vanse acometer accións, entre outras, de pintado sobre os pavimentos, o subministro e colocación de sinais, placas, barreiras de seguridade, lamas de aluminio ou a xestión de residuos de construción e demolición. A Deputación de Pontevedra acomete estas obras despois de ter observada a necesidade de mellorar a seguridade viaria nesta estrada a través da colocación de diversos sinais e pintado do pavimento, o que fixo necesaria a execución deste proxecto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.