Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Caminha e A Guarda seguen traballando para declarar o Esteiro do Miño como Patrimonio da Humanidade

[Img #28877]

 

Recentemente celebrouse no Concello da Guarda unha reunión de traballo para perfilar o expediente que a Cámara de Caminha e o Concello da Guarda, con Luis Miguel Alves, presidente do municipio portugués e Antonio Lomba, alcalde da Guarda, en representación dos seus concellos, presentarán para que o Esteiro do Miño entre na lista indicativa como Paisaxe Cultural da UNESCO.

 

Os alcaldes revisaron a proposta realizada polos redactores do expediente César Abella, da empresa Trivium, e Jordi Tresserras, presidente de IBERTUR (Red de Patrimonio, Turismo y Desarrollo Sostenible) e consultor da UNESCO.

 

Nesta xuntanza os alcaldes tiveron a oportunidade de enriquecer a proposta naqueles aspectos que consideraban máis salientables da relación entre Caminha e A Guarda en canto a paisaxe, patrimonio, natureza e relacións humanas.

 

Tamén se falou do procedemento que ten que seguir o expediente para chegar a formar parte da lista indicativa. Neste proceso intervirá a Xunta de Galicia e os gobernos español e portugués.

 

Ó remate da reunión acordaron en facer a presentación definitiva da proposta ante os medios de comunicación antes de febreiro de 2017, momento no que aproveitarán para presentar o vídeo promocional desta iniciativa

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.