PROVINCIA
Preto de 300 persoas maiores gozarán do programa “Depotermal” esta semana
Máis de 4.000 persoas se van beneficiar do programa de termalismo do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, que inclúe máis de 400 prazas gratuítas.
275 persoas maiores da provincia de 26 concellos da provincia participarán ao longo desta semana no programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, que promove o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas de idade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve dende setembro ata decembro de 2016, da que se están a beneficiar máis de 4.000 maiores da provincia a través de estancias en establecementos termais coa modalidade so diúrna ou con aloxamento completo.
Dende hoxe luns 21 de novembro ao venres 25 de novembro un total de 71 maiores gozarán dunha estancia diúrna nas Termas de Cuntis chegados dende os concellos de Barro, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Poio, Pontevedra e Silleda. Ademais, outras 204 persoas participarán na modalidade nocturna achegándose ao Balneario de Mondariz (86 persoas), ao Talaso Atlántico de Oia (40 persoas) e, por último, ao Gran Hotel Talaso de Sanxenxo (78 persoas). Estas máis de 200 persoas proveñen de Baiona, Campo Lameiro, Catoira, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Marín, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Durante este mes e no que queda de ano, máis de 4.000 maiores da provincia gozan do programa “Depotermal” a través das súas dúas modalidades. Un total de 2.855 fano con aloxamento nocturno e 1.431 fan só uso da asistencia diúrna aos establecementos termais. Cómpre salientar que, por primeira vez este ano, reserváronse un total de 443 prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.
Na modalidade diúrna de “Depotermal”, os establecementos dispoñibles son Termas de Cuntis, Eurostars Illa da Toxa, Balneario de Mondariz, Talaso Atlántico de Oia, Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo), Norat Marina Spa no Grove, Spa Torre do Deza en Lalín e Spa Vía Argentum en Silleda. Por outra banda, na modalidade con aloxamento están o Balneario de Mondariz, Gran Hotel Talaso en Sanxenxo, Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo, Termas de Cuntis, Talaso Atlántico en Oia, Talaso Hotel Louxo A Toxa, Spa Torre do Deza en Lalín e o Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136