PROVINCIA
A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dunha senda na estrada PO-250, entre Amoedo e Pazos de Borbén
A lonxitude do itinerario é duns 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por unha cuneta de seguridade, e unha zona axardinada máis os bordos de separación.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada PO-250, no treito comprendido entre Amoedo e Pazos de Borbén, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+320.
As persoas que o consideren oportuno poderán formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado, durante un prazo que comeza mañá e remata o vindeiro 4 de xaneiro. No seguinte enlace ao DOG pódese consultar máis información relativa a este anuncio: goo.gl/wpVmuw
O obxectivo deste proxecto é a execución dunha senda na marxe dereita da estrada PO-250, que servirá para conectar as travesías de Amoedo e Pazos. A lonxitude total da senda é de case 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada máis os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal.
As obras previstas comprenden tamén outras actuacións necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada. Así, levaranse a cabo a mellora da rede da drenaxe existente na zona, coa execución de foxo de seguridade e prolongación das obras de drenaxe transversal; execución de estruturas de contención de terras para ampliación da plataforma e execución da senda; ou a optimización da sinalización e o balizamento.
Plan de Sendas
Este itinerario está enmarcado na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.
A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136