AS NEVES
As Neves denunciou a inactividade de Fomento no Coto de Altamira
Nun acto reivindicativo celebrado hai uns días nas inmediacións do xacemento.
![[Img #28900]](upload/img/periodico/img_28900.jpg)
Nos pasados meses, o Ministerio de Fomento asinaba coa Deputación de Pontevedra un protocolo de actuacións a realizar en 18 castros de toda a provincia para a súa recuperación e posta en valor. Pois ben, nas últimas semanas fíxose público o bloqueo deste protocolo por parte do Ministerio, o que supón a paralización do inicio dos traballos en xacementos arqueolóxicos coma o Coto de Altamira, situado na parroquia nevesa de Taboexa.
Traballos de extrema necesidade debido á penosa situación na que se atopan os restos castrexos de elevado valor que teñen á beira das súas casas os veciños e veciñas das Neves. Concretamente, urxen accións de limpeza e sinalización do xacemento para a súa preservación e para facilitar o seu acceso de xeito cómodo e seguro, xa que, actualmente é moi difícil de atopar por estar tapado pola maleza.
Recollendo as palabras do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, no acto convocado polo Concello ao que acudiron máis dunha trintena de persoas; “Trátase dun tesouro arqueolóxico que debemos valorar e coidar, por iso solicitamos ao Ministerio de Fomento que cumpra o protocolo asinado e se faga cargo das accións de mellora precisas para o seu mantemento”. Apuntan ademais dende a alcaldía, que se dende Madrid non atenden a súa petición, buscaranse outras alternativas para a preservación deste patrimonio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49