Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos, parada obligada da Ciencia en Movemento

A mostra itinerante estará asentada tres días no Multiusos mosense, onde os escolares poderán experimentar coas súas propias mans.

[Img #28943]

 

O Multiusos das Pozas mosense acolle estes días a mostra científica itinerante Ciencia en Movemento, que  visitaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, xunto co alumnado de quinto e sexto de Primaria dos colexios de Petelos e Pena de Francia.

 

Sobre esta iniciativa promovida e organizada dende o departamento municipal de Educación, as representantes locais Arévalo e Monzón declararon que “numerosos estudos demostraron que hai unha asociación clara entre a mellora do rendemento (a comprensión dos fenómenos ou conceptos involucrados) e a experiencia interactiva que os alumnos tiveron para chegar á formación de coñecementos. Na interacción promovida nesta exposición os estudantes ven, exploran, tocan, observan o que sucede e volven experimentar. Nisto consiste tamén o método científico que se desexa promover coa realización de esta actividade. A libre interacción do usuario co material facilita a atención, a comprensión e a retención da información e, por tanto, a construción do coñecemento”.

 

Interactuar co medio é estar involucrado, unha persoa interactúa cando se involucra no material, no tacto, cos guías, con outros visitantes e cos seus docentes, cando é parte activa por que é protagonista e é capaz de comunicarse. A eficacia da interactividade é xerar unha aprendizaxe de máis calidade e duración.

 

Por todo isto, e para conmemorar a  Semana da Ciencia que se celebra en diferentes recursos científicos (CSIC, Universidade, etc.), lévase a cabo a actividade Ciencia en Movemento, unha iniciativa de exploración e experimentación baseada na aprendizaxe a través da práctica impartindo os participantes, tanto alumnos coma profesores, formación específica sobre diferentes materias científicas e sociais.

 

Con esta actividade pretendese conseguir que os mozos e mozas sexan conscientes das súas posibilidades e opten por desenvolver as súas capacidades para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades, así como actitudes de confianza en si mesmos, a curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

 

A actividade Ciencia en Movemento está a ser impartida por dous Enxeñeiros Industriais, que desenvolven esta iniciativa interesados na promoción da cultura científica e o seu interese de achegala os estudantes dunha forma atractiva, interactiva e práctica, e que xurde como resposta á escaseza de espazos educativos que brindes explicacións sinxelas de temas científicos e tecnolóxicos.


Os obxectivos desta actividade son promocionar a cultura científica dunha maneira interactiva e práctica, espertar a curiosidade dos alumnos pola ciencia, ensinar dunha maneira práctica coñecementos científicos e conseguir que os mozos sexan conscientes das súas capacidades.


Na acción a desenvolver o lema é “Prohibido non tocar”  polo que a metodoloxía a utilizar é a de aprender facendo. Os monitores que guían a actividade presentan unha situación e simultaneamente expoñen preguntas sobre o que se pode esperar, sen aprobar ou reprobar as especulacións dos participantes, para  despois realizar o experimento ou demostración.


Cada experimento conclúe cunha explicación que rescata as respostas previas; tal explicación está adaptada ó nivel dos participantes. Utilízanse experimentos demostrativos sobre o porqué da trascendencia do experimento á experiencia cotiá e móstranse os fenómenos desde unha perspectiva nova, interesante e con finalidade clara. Neste sentido, o experimento convértese nun xerador de coñecemento.


A actividade desenvolverase durante 3 días (22,23 e 24 de novembro), na que pasarán a visitala os alumnos de 5º e 6º de Primaria dos CEIP Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso, Pena de Francia e Petelos (estes dous últimos visitaron a mostra esta mesma mañá); un total de 162 alumnos.


O Museo Ciencia en Movemento é un laboratorio e é un xogo con máis de 70 obxectos de formato reducido organizados nas seguintes disciplinas científicas: movemento de corpos, electricidade e magnetismo, minerais, efectos ópticos, factais, propiedades de líquidos e gases, materiais avanzados, medición, motor, enxeño, e informática.


Estes elementos axudan a comprender o funcionamento de principios físicos, químicos, biolóxicos, etc., que doutro xeito, serían menos alcanzables para calquera persoa. Ao mesmo tempo axudan a concienciarnos de que a ciencia está ao alcance da nosa man, rompendo esa barreira de incomprensibilidade da que ás veces se rodea.
A totalidade dos obxectos, salvo os que entrañan o mínimo perigo ou son de alta precisión (motores), son manipulados polos visitantes dentro dunha orde seguindo as instrucións dos monitores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.