GALICIA
A Xunta de Galicia mellora a reordenación interior do CEIP Altamar tras investir preto de 120.000 euros na súa reforma
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, comprobou o resultado das obras na súa primeira visita tras tomar posesión do seu cargo.
![[Img #28948]](upload/img/periodico/img_28948.jpg)
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de rematar as obras de reforma do CEIP Altamar, que se desenvolveron fundamentalmente sobre a planta baixa do edificio co fin de reordenar os seus espazos para conseguir unha distribución máis axeitada ao seu programa de necesidades e mellorando así a súa habitabilidade e funcionalidade.
Esta semana, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, comprobou de primeira man o resultado dos traballos, que se levaron a cabo nos últimos meses, na que foi a súa primeira visita coma representante da Administración autonómica na cidade tras tomar posesión do seu cargo no día de onte.
Acompañado pola directora do centro, Ángeles Rodríguez, e o xefe territorial do departamento educativo, César Pérez Ares, o delegado percorreu as instalacións e coñeceu a actuación levada a cabo que contou cun investimento de case 120.000 euros.
Agrupáronse as 3 aulas de infantil na planta baixa dotándoas de aseo propio e realizouse un acceso directo polo interior á zona de despachos e comedor
En concreto, a obra serviu para agrupar as 3 aulas de infantil na mesma zona da planta baixa dotándoas de aseo propio ademais de realizar un acceso directo polo interior á zona de despachos e comedor. Neste mesmo andar tamén se situaron dúas aulas de primaria, de xeito que tivo que trasladarse a aula de informática á primeira planta.
A actuación incluíu, ademais, a colocación dunha nova instalación eléctrica, alumeado e parte da fontanería, así como a apertura de fiestras que incrementaron a luminosidade da planta baixa, así coma o saneado das gretas que presentaba a fachada da sala de actos do centro. Deste xeito, a superficie total útil onde se actuou foi de 423,85 m².
O CEIP Altamar conta con 191 alumnos e alumnas en 3 aulas de infantil e 6 de Educación Primaria, ten tamén un aula informática con 26 equipos con acceso a internet e proxector de vídeo, aula de pedagoxía terapéutica, e de audición e linguaxe. Todas as aulas están equipadas con ordenador portátil, proxector de vídeo, encerado interactivo e magnético rotulable evitando así o uso do xiz tradicional. Ademais, conta con comedor escolar, patio cuberto de 350 metros cadrados con zona de xogos para infantil de pavimento blando así coma un patio exterior de 1.370 metros cadrados.
López-Chaves agradeceu o labor do equipo directivo do centro e significou a importancia de ter unha boa infraestrutura para “atender as necesidades” do profesorado, alumnado e pais e nais de nenos e nenas. Neste senso, destacou que esta inversión feita e outras moitas realizadas nuns 25 centros educativos da cidade de Vigo nos últimos meses proveñen das partidas de presuposto ordinarias e do fondo de superávit de responsabilidade, que permitiu á Xunta de Galicia destinar este ano unha gran partida a melloras no ámbito da educación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217