GALICIA
Turismo de Galicia pon en marcha o plan de formación ‘Turismo Accesible para todos’
O programa consta de dous cursos que teñen como obxectivo preparar aos profesionais no turismo accesible.
![[Img #28951]](upload/img/periodico/img_28951.jpg)
Turismo de Galicia presentou esta mañá no Centro Superior de Hostalería de Galicia o plan de formación ‘Turismo Accesible para todos’.
O programa consta de dous cursos que teñen como obxectivo preparar aos profesionais no turismo accesible. O primeiro tivo lugar onte e hoxe para abordar a normativa e avaliación da accesibilidade turística. O segundo será os días 29 e 30 deste mes de novembro e versará sobre a atención a clientes con discapacidades e outras necesidades.
Así, hostaleiros e profesionais turísticos de Galicia participaron neste plan de formación organizado pola Área de Formación Continua e Consultoría da Dirección de Profesionalización de Turismo de Galicia e impartido polo director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro.
O segundo será os días 29 e 30 deste mes de novembro e versará sobre a atención a clientes con discapacidades e outras necesidades
O obxectivo é concienciar aos profesionais do sector de que o turismo accesible ofrece un amplo abanico de vantaxes para o destino Galicia. A adecuación do establecemento ou destino turístico ás necesidades das persoas con discapacidade mellora a imaxe das empresas e do destino. Deste xeito, que o local cumpra coas características de accesibilidade e o persoal ofreza un servizo adecuado a este colectivo é fundamental para que a experiencia accessible sexa boa.
Por iso, desde Turismo de Galicia apostase polo desenvolvemento dunha oferta turística de calidade que teña en conta as necesidades de todas as persoas e a formación neste ámbito xa que é fundamental que o persoal coñeza en profundidade as necesidades das persoas con discapacidade e desenvolva as destrezas e habilidades para ofrecerlles un servizo adecuado.
Así mesmo, estes cursos pretenden concienciar de que é fundamental que os profesionais coñezan as características de accesibilidade que ten os establecementos nos que traballan para poder informar ao cliente con precisión e veracidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217