Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Garcia de la Torre aposta polo potencial económico, industrial e turístico do Porriño

[Img #28953]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia de la Torre, inaugurou este martes  o seminario ‘Turismo e relación comercias con Europa do Leste e Asia.Retos e oportunidades’, organizado polo Concello en colaboración co IES Ribeira do Louro.


Logo de dar a benvida aos asistentes, a alcaldesa lembrou que O Porriño é un dos principais núcleos industriais de Galicia, “onde conviven industrias tradicionais, coma a produción do pan, con sectores á vangarda do desenrolo tecnolóxico, coma a automoción, a industria farmacéutica ou as biotecnoloxías”.


García de la Torre subliñou que dos seis centros tecnolóxicos de referencia de Galicia, dous están no Porriño, “AIMEN, especializado en investigación metalúrxica, e o CTAG, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, ademais, a nosa vila é a sede do Clúster do Granito, que lidera a produción do sector en España”.


A alcaldesa salientou que no que se refire ao Turismo, O Porriño contan con grandes posibilidades no “Turismo Medioambiental, con lugares coma As Gándaras, a Serra do Galiñeiro e todo o patrimonio natural das súas parroquias; o Turismo Deportivo, un eido no que o noso concello é unha referencia, o Turismo Cultural, tendo como oferta máis coñecida o Festival de Cine de Cans, ao que hai que sumar o Camiño de Santiago, que pasa por O Porriño ou as iniciativas para difundir o legado dun arquitecto universal: Antonio Palacios, e por último, o Turismo Gastronómico e Festivo, cunha ampla oferta: agora mesmo O Pinchorriño, a A Festa dos Callos ou Porrigalia”.


O seminario, ao que acudiron ducias de persoas que ateigaron o salón de actos do Centro Cultural, debatéronse as posibilidades de relacións comerciais entre Galicia, en xeral, e O Porriño, en particular, e varios dos países representados no mesmo, como China, India, Albania, Romanía, Bosnia-Herzegovina ou Tailandia, tanto en produtos coma en servizos.

 

[Img #28954]


Durante todo o día, profesores e alumnos universitarios, de Formación Profesional, ademais de representantes de empresas e organización empresariais, intercambiaron información neste eido e compartiron experiencias nos seus respectivos campos.


O seminario, o primeiro desta importancia que se organiza no Porriño, contou coa asistencia de especialistas nacionais e internacionais, coma o profesor Nag Tithakar, do International Magenement Institute de Kolkata, capital del estado indio de de Bengala Occidental; o doutor Gazmend Zeneli, xefe do Departamento de Empresa, Xestión e Turismo da Universidade  Marin Barleti de Tirada, en Albania; o profesor Lutvo Haznaderevic, da Universidade Logos Centrar Mostar, en Bosnia-Hercegovina; a profesora Cristina Nicolau, da Transilvania University Brasov, de Romanía; o profesor Wutthichula Khunpatwattana, da Payap University, en Chiang Mai, en Tailandia; e os especialistas Yixin Wang, de Turismo de China, Sanda Constantin, da Universidade de Brasov, en Romanía, o profesor Hamza Sehovic, do Center for Business Studiesm de Kiseljak, en Bosnia-Hercegovina, Altin Idrizi, vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Elbaan, en Albani,a e o doutor indio Arindam Banik, do International Manegement Institute de Kolkata.


Ademáis interviron o profesor Antón Álvarez Sousa, da Universidade de A Coruña, Amador Ordóñez, do IES Ribeira do Louro, profesor de Comercio Internacional e Coordinador de Proxectos Europeos; José Manuel Fernández, presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño; David Sobra, secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais; José Ángel Lorenzo, xerente do Clúster do Granito de Galicia e Fernando Godoy Maceira, xerente de Mármores e Granitos Godoy Maceira S.L.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.