Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 24 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Tui ilustra as entradas á cidade con dúas novas pinturas murais

As pontes de Randufe e da Magnolia súmanse á das Bornetas e contarán con murais paisaxísticos tras facerse público o resultado do concurso de pintado.

A ponte de Randufe, na estrada cara a Gondomar, e a da Magnolia, na estrada dende Vigo, estarán pintadas con murais antes de que remate o ano. O xurado do II Concurso de  pintura Mural vén de facer público o seu veredicto para rematar o proxecto de embelecemento das pontes de entrada á cidade.


O artista David Brey Vázquez, “DoctorToy”, que xa gañara a primeira edición do concurso na ponte das Bornetas coa súa panorámica da cidade, fíxose novamente co galardón con dous proxectos presentados para ambas pontes.


En total, foron cinco os participantes que entregaron seis propostas diferentes, dentro desta iniciativa de mellora da imaxe de Tui. No caso da ponte cara a Gondomar, en Randufe, a obra xirará en torno ao leitmotiv de Tui como cruce de camiños e punto de encontro de visitantes e cidadáns de ámbalas beiras do Miño. Deste xeito, dunha parte da ponte representaranse os camiños do Aloia e a casa forestal até ascender até un dos moitos miradoiros panorámicos desta beleza paisaxística e medioambiental de Tui. Da outra parte da ponte, a proposta gañadora é a de plasmar os camiños de unión entre Tui e Valença, coa vella ponte internacional como centro do mosaico e de irmandade entre as dúas poboacións da Eurocidade.


Pola súa parte, na ponte da Magnolia, na estrada dende Vigo, a obra pictórica estará centrada no Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Resáltase así un dos factores turísticos máis importantes do municipio.
A primeira ponte, a de Randufe, comezará a pintarse o luns 28 de novembro, e unha vez rematada proseguirase coa de Magnolia na estrada cara Vigo. O Concello prevé que estean rematadas antes do inicio das festas do Nadal.


Este segundo concurso levouse a cabo logo de que a primeira ponte pintada contara con gran aceptación entre os tudense “embelecendo a entrada a Tui e converténdose nun éxito”, segundo apunto o concelleiro de Limpeza e Medio Ambiente, José Martínez Tato. Agora, conseguirase “mellorar os accesos a cidade dotándoos dunha imaxe atractiva que permita aos visitantes anticiparse ás belezas medioambientais e culturais que se atoparán en Tui”.


O gañador, David Brey, “DoctorToy”, recibirá un premio de 500€ por ponte, ademais de 400€, tamén por ponte, que o Concello porá a disposición dos artistas para facer fronte aos gastos de material. Ao igual que na pasada edición, tamén se cubrirán os gastos relacionados con escadas, medidas de seguridade, etc.


Esta iniciativa está promovida pola concellería de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, de Ensino e Cultura e de Medio Ambiente, Medio Rural, Limpeza e Participación Cidadá.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.