MOS
O apoio da Xunta permite reparar os desperfectos dos temporais en Mos
Os danos na parroquia de Tameiga quedarán subsanados en menos dun mes, mentres que os traballos en Guizán acometéronse xa o mes pasado.
![[Img #28971]](upload/img/periodico/img_28971.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, supervisaron onte a recentemente iniciada obra de reparación dos danos producidos polos temporais de xaneiro e febreiro na Estrada da Vía e no Camiño de Bosende, ambos viais na parroquia mosense de Tameiga. Os representantes municipais anunciaron que os traballos estarán rematados antes de mediados do vindeiro mes de decembro.
É a Dirección Xeral de Administración Local (dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) a que financia estes traballos cuns 180.000 euros, que se suman ós preto de 60.000 euros (59.664,93 euros concretamente) que investiu a consellería de Medio Rural para realizar o mes pasado actuacións –xa finalizadas- no camiño Carballo do Monte e camiño Cabo da Vella, para subsanar os danos do temporal na parroquia mosense de Guizán. Con estes 240.000 euros que entre as consellerías de Presidencia e Medio Rural destinaron a Mos, quedan resoltos os danos máis graves e urxentes do temporal do pasado inverno.
Os proxectos de reconstrucción do Camiño de Bosende e da Estrada da Vía, constan de memoria valorada, anteproxecto de obras, e memoria detallada e valorada do equipamento; incluíndo en cada documento memoria explicativa, orzamento detallado e planos a escala.
Respecto destes traballos, a rexedora local mosense declaraba que “unha vez máis queda demostrado que quen resolve é a Xunta de Galicia, pois é a única administración que se fixo cargo dos desperfectos causados polos temporais en Mos”, dixo. E explicou que “a única realidade é que a solución dos problemas en Mos chega soamente da man dos gobernos local e autonómico, e grazas á súa xestión”. E a alcaldesa tamén insistiu en que “mentres que Concello e Xunta nos desvivimos por solucionar os danos dos temporais en Mos, a Deputación de Pontevedra prestou colaboración e apoio cero para solucionar o problema”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149