Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 27 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra acolle un curso de alfabetización dixital para o emprego

[Img #28997]

 

Dende o día 7 ao 25 de novembro, veciños e veciñas do Concello de Salvaterra formáronse, na Aula de Informática da Casa da Cultura cedida polo Concello, nos coñecementos básicos para percurar emprego utilizando as TIC. Este curso que tiña unha duración de 45 horas e levouse  a cabo grazas ó Fondo Social Europeo xestionado neste caso pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e tiña coma obxectivo loitar contra a exclusión social das persoas que viven na Comunidade Galega, dentro da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020.


A Fundación ECCA é a entidade que imparte esta formación na aula cedida polo Concello de Salvaterra, grazas a cesión da aula pola  1º Tte de Alcalde e Concelleira de Cultura Marta Valcárcel Gómez, coa colaboración na derivación de usuarios do Equipo Comarcal de Inclusión de O Porriño do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.


ECCA é unha das entidades que xestiona máis cursos deste programa aportando a súa experiencia ó longo dos últimos anos e a súa misión de proporcionar formación de calidade, especialmente as persoas que máis o necesitan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.