Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 25 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Nenos e nenas mosenses aprenderon esta semana a xogar e vivir libre e respectuosamente

[Img #28998]

 

Con motivo da ‘semana contra a violencia de xénero’ a concellería de Educación mosense que dirixe a edil Kely Monzón puxo en marcha a actividade “Somos únicos”, que se realizou en horario lectivo con alumnos de 5º curso de Primaria (63 en total) e de 6º (38 alumnos) dos colexios de Atín, Mestre Matínez Alonso e Petelos.

 

Esta iniciativa, que se desenvolveu baixo o lema: non somos nin diferentes, nin iguais, somos únicos; contou coa participación, ó longo desta semana, dun total de 101 nenos e nenas. Trátase do proxecto ‘Real Kiddys’, ideado e impartido pola profesional da docencia, Alba Alonso.

 

    A situación de discriminación e de violencia por cuestión de xénero continúa a ser unha realidade na nosa sociedade e polo tanto unha preocupacións primordiais das concellerías de Educación e de Política Social en particular, e do Concello de Mos en xeral.

 

A este respecto a concelleira Monzón explica que “debemos ser conscientes de que estas situacións de desigualdade séguense a dar no noso arredor e máis preto do que podemos pensar. Consideramos imprescindible abordar este tema nas diferentes etapas da educación co obxectivo de concienciar ó alumnado de que é un problema vixente e que é algo polo que se debe loitar co fin de erradicalo. Cando falamos de estereotipos de xénero referímonos a eses xuicios sen base lóxica algunha que facemos sobre os nenos ou as nenas, as mulleres ou os homes, baseándonos únicamente nas súas caracterísiticas físicas ou biolóxicas. Dende o mesmo momento do nacemento, esperamos que nenos e nenas sexan ou se comporten dunha maneira determinada, e por iso educamos a nenos e nenas de xeito diferente, atendendo máis ao que dicta a sociedade, que ás personalidades únicas de cada rapaz ou rapaza. Isto conleva unha gran limitación de opcións para a infancia e ten coma consecuencias o inxusto condicionamento do seu futuro modo de vida, e as súas expectativas respecto a sí mesmos”.

 

Debido ao presente modelo patriarcal que predomina na nosa sociedade, as rapazas son case sempre as máis perxudicadas polos estereotipos, o que non implica que os rapaces non sufran tamén esta inxusta situación nas súas propias carnes, xa que non está ben visto tampouco que un neno, por exemplo, amose as súas emocións, pida axuda, ou que simplemente teña determinados gustos considerados coma “femininos” pola sociedade.

 

A pesares de atoparnos no ano 2016 a desigualdade no eido do xénero non só continua a ser evidente e preocupante, se non que mesmo ten aumentado en determinados campos nas últimas décadas. No mundo da infancia isto é moi notable se observamos a cantidade de libros, xoguetes, roupa ou accesorios que se ofertan hoxe en día como etiquetados “para nenos” ou “para nenas”.

 

Outro dato grave é que na actualidade estanse a confirmar multitude de casos de violencia de xénero na adolescencia sen precedentes, feito que ven afirmar como a educación que están recibindo os nosos cativos e cativas non está suficientemente concienciada respecto a igualdade de xénero.

 

A actividade “Somos únicos” enmárcase dentro de diferentes teorías educativas sempre acollidas dentro dunha base feminista. Traballa o concepto do xénero masculino e feminino como parte dunha construcción social que non ten coma obligatoriedade unha relación directa coa identidade, sexualidade ou características físicas das persoas.

 

Pon en valor todo o feminino, xa que ser muller na actualidade segue a ser unha mera construcción que non sempre vai acorde coas personalidades únicas de cada muller. Homes, e neste caso en concreto nenos de primaria, teñen que comenzar a poñer en valor o mundo feminino para poder achegarse a él, para poder participar del, para poder disfrutalo, e sobre todo para aprender a respetalo. Soamente se se eleva categoría do feminino ao mesmo lugar onde está a categoría do masculino se poderá conseguir unha  igualdade real, e non ficticia.

 

Tamén traballa o mundo da intelixencia emocional buscando a consecución de obxectivos tales coma a prevención e sensibilización respecto a igualdade no mundo do xénero, dotar de exemplos de estratexias educativas ao profesorado dos centros participantes para o fomento da igualdade de trato e oportunidades, comprender o verdadeiro significado dos estereotipos de xénero e a súas consecuencias negativas tanto para nenas como para nenos, evitar o acoso escolar coma consecuencia dos estereotipos de xénero, e promover a liberdade de opcións, gustos e oportunidades, a través de actividades prácticas que invitarán á reflexión e ao debate nas aulas.

 

Dentro da iniciativa “Somos únicos” impartíronse tres obradoiros que se levaron a cabo para ‘desestereotipar’ tres ítems donde actualmente aínda aparecen moi marcados os roles masculino/feminino: xoguetes, disfraces (identidade) e profesións (conciliación).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.