Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 25 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño érguese fronte a Violencia contra a Muller e lembra que ‘O non é un dereito!’

[Img #29000]

 

‘O non é un dereito!’. Con este lema O Porriño amosa dende este xoves o seu rexeitamento ao terrorismo machista, coincidindo co ‘Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller’.


Soledad Girón, concelleria de Igualdade e Benestar,  salienta que a campaña é froito dun traballo en equipo, no que destaca o labor da avogada do Centro Información á Muller do Porriño, e un dos traballadores sociais do Concello, explica que obxectivo foi o de involucrar a representantes de todos os sectores, dende a sanidade, pasando polas asociacións locais, a Educación, o Deporte, o mundo empresarial,  os Corpos de Seguridade do Estado, o Comercio ou Organizacións non Gobernamentais, en total doce persoas da vila que cederon  a súa imaxe para unha campaña que será visíbel en todo O Porriño ata o vindeiro día 30.


“A resposta que tivemos de cada unha das persoas ás que chamamos foi un ‘Si’, inmediato o cal é unha amosa da súa implicación, o seu interese e o seu desexo de ser parte deste proxecto, o cal agradezo fondamente”, sinala Girón.


Cada un dos participantes na campaña, seis mulleres e seis homes, que representan a un oficio, a un colectivo ou a unha idade, aportou unha frase sobre a Violencia de Xénero, reflexións que forman parte das faixas que poden verse penduradas polas rúas do concello.


Balbina Rodríguez, primeira concelleira da Muller do Porriño, afirma, “Non te fai sufrir quen te quere, senón quen te humilla, agrede e aílla”; Andrés Vieitez, director do Colexio Antonio Palacios, di “A violencia de xénero non ten idade”; Beatriz Mascuñana, presidenta do ANPA do Colexio Santo Tomás, cre que “Todas podemos ser vítimas da violencia de xénero”; Iago Maceira, estudante de 2º de Bacharelato do IES Ribeira, asegura “Podemos chegar a converternos en cómplices cando escoitamos, veos ou sabemos, e optamos por calar”; Dora Carrera, co fundadora de Érguete, afirma que “Indiferenza, medo, control, desprezo, golpes e vexacións…é violencia de xénero”; Indalecio Cuevas, presidente dos Empresarios do Polígono Industrial A Granxa, asegura que “A liberdade e a vida é o máis valioso que temos. O maltrato acaba cos dous”; Lorena Pérez, capitana do D.H. Balonmán Porriño, sinala “’El quéreme, non pode vivir sen mi’ Non xustifiques o seu comportamento”; Iván Rey, comerciante do Porriño, comenta “A indiferenza, a pasividade, a falta de implicación e de afecto, son manifestacións de violencia”; Mónica Bugarín, presidenta da Asociación Penediños, pide “Aprende a dicir non, aprende a respectar o non. Non ao feminicidio”; Jorge, Garda Civil, expón “O silencio é o mellor cómplice da violencia contra as mulleres”; Juan Antonio Iglesias, traballador social do Centro de Saúde, manifesta “Culpabilizar á muller causando nela a crenza de que é responsable de todas as situacións de tensión, é violencia de xénero”;Xoana Veiga, universitaria e cantante de vocación, opina que  “Compre que os nenos e nenas reciban unha educación en valores, na que se promocione a igualdade de xénero a través das actividades domésticas e escolares cotiás”.


Todos  estarán presentes este venres, día 25, ás 8 da tarde, diante do Concello nunha concentración na que o silencio so quedará roto cando cada un deles lembre o nome das 44 mulleres asasinadas en España polas súas parellas, no que vai deste ano 2016, e todos deixemos claro que o ‘non’ é un dereito.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.