Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 24 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A educación, clave para lograr unha sociedade 0% machista

Dende o PP do Porriño consideran que "o respecto, a liberdade e a igualdade son tres pilares básicos a traballar coa xuventude de hoxe para convertelos en protagonistas do logro dunha sociedade de mañá libre de violencia contra a muller".

Dende o PP do Porriño explican que "a mocidade constitúe un grupo especialmente vulnerable á violencia de xénero, polo que é necesario que os mozos e as mozas identifiquen e rexeiten condutas sexistas que ás veces, se toleran ou xustifican".


"A xuventude e a poboación adolescente deben contribuír de xeito singular á fin da violencia contra a muller, e vemos con preocupación, como perciben a violencia de xénero, porque algunhas das súas relacións afectivas e sociais teñen comportamentos discriminatorios e inadmisibles, verdadeiros sinais incipientes de violencia que anticipan outras manifestacións máis graves de maltrato. Polo que teñen que sr capaces de recoñecer esas condutas nocivas para poder frealas, e deste xeito evitar que se agraven e supoñan un maior risco de violencia de xénero no futuro" engaden dende o PP local.


"Se queremos evitar a violencia de xénero debemos evitar os pasos que se inician baixo as referencias dunha cultura machista. Polo tanto, para erradicar calquera forma de violencia, a solución reside na educación. O respecto, a liberdade e a igualdade son tres pilares básicos. É necesario seguir traballando na prevención e na sensibilización e visibilizar un problema de profundo calado social".


Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra á Muller os populares emitiron un comunicado no que din que "resulta imprescindible que a mocidade de hoxe en día, protagonista da sociedade do mañá, comprenda, coñeza e identifique a violencia de xénero, recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos , a continuación, convértase en protagonista do logro dunha sociedade libre de violencia contra a muller: apoiando a quen a sofre, rexeitando actitudes e estereotipos que a promovan ou xustifiquen e actuando nas súas relacións interpersoais, dende o convencemento de que a igualdade entre mulleres e homes e o respecto pola dignidade do outro son imprescindibles e útiles para a súa convivencia pacífica en sociedade".

 

 

 

 

Animamon a todos os veciños e veciñas" a participar mañá, ás 20:00 horas,  da concentración convocada frente ao Concello con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra á Muller"

 

 

 


Por eso dende o PP do Porriño chaman "a traballar todos e todas xuntos e a avanzar unidos para conseguir unha sociedade 0% machista".


Ademáis pasada sesión plenaria presentaron "unha moción, que contou co respaldo da corporación, pedindo ao Concello do Porriño que se comprometa a levar a cabo actuacións de información, prevención e sensibilización da violencia de xénero dirixida á mocidade, xa que resulta imprescindible que os mozos e as mozas comprendan, coñezan e recoñezan os primeiros sinais da violencia machista".


Os populares do Porriño animan "a todos os veciños e veciñas a participar mañá, ás 20:00 horas,  da concentración convocada frente ao Concello con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra á Muller".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.