Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 26 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

1.158 persoas de 14 concellos da provincia participan esta fin de semana no programa “En ruta coa Depo”

En total 19.000 persoas gozan, a través desta iniciativa, de alternativas de lecer dinámico e saudable para coñecer lugares emblemáticos da provincia.

[Img #29048]

 

“En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar 1.158 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Lalín, Vigo, Tomiño, O Grove, Soutomaior, A Estrada, Salceda de Caselas, Meis, Nigrán, Pontevedra, Moaña, Silleda, Tui e Ponteareas.

 

En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Asociación de Mulleres en Igualdade de Donsión (Lalín); a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo, a Asociación de Veciños As Fontes, a Escola de Tempo Libre Xaruma e a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos (Vigo); a Asociación de Veciños de Forcadela (Tomiño);  Mulleres Rurais A Lagoa (O Grove); a AA.VV. San Benito de Romariz e Asoc. De Veciños (Soutomaior); a Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados e a Asociación de Veciños Santa Apolonia (A Estrada); a Asociación de Veciños San Xurxo (Salceda de Caselas); a Asociación de Mullereis Rurais O Marco (Meis); o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca e A.V.S.C. A Unión (Nigrán); a Asociación de Mulleres Veciñais O Castelo (Pontevedra); a Asociación de Comerciantes da Praza de Moaña (Moaña); a Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas (Silleda); a Asociación Cultural Santiago de Malvas (Tui) e a Asociación de Nais e Pais Xiada (Ponteareas).

 

Estas asociacións realizarán rutas polo concello de Cambados e Ribadumia; visitarán o conxunto histórico de Salvaterra, o parque da Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e as pesqueiras do Miño; percorrerán Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; achegaranse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitarán A Guarda e o conxunto histórico de Tui; achegaranse ata O Grove para visitar o seu conxunto histórico, a Illa da Toxa, o miradoiro do monte da Siradella e a praia da Lanzada; dirixiranse ata a Illa de Ons;  percorrerán Pontevedra, Apípolis e a senda do Lérez, así como a Granxa de Briz e o Lago de Castiñeiras en Marín e visitarán a Illa de San Simón e o concello de Redondela.

 

“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.