Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 02 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Nadal en Salvaterra de Miño

Un ano máis con motivo do Nadal o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación para esta época do ano tan especial, sobre todo para os máis pequenos da casa que viven estas últimas semanas do ano cunha gran intensidade, pero sobre todo con esa maxia que nos acompaña sempre nestas datas.


 
Así dende o departamento de Cultura que dirixe Marta Valcárcel Gómez, traballouse para ofrecer unha programación variada, para todos os gustos e idades, pero como é normal tendo como eixo central aos nenos e nenas do municipio.
 


Este ano dende a Concellería queren destacar por un lado as exposicións que se van a levar a cabo no Castelo de dona Urraca, así do 12 de decembro ao 6 de xaneiro estará aberta unha exposición con bonecas de porcelana que recrearán a escena dun Belén, e a partir do 27 incorporarase a exposición “En familia, por dereito”, de Cruz Vermella.


 
Do 22 ao 4 de xaneiro tamén estará activo o Campamento Infantil de Nadal, na Biblioteca Municipal, co fin tamén de axudar a conciliación familiar.


 
Dentro do apartado gastronómico ofrecese unha variedade de cursos e talleres de cociña, un curso de Cociña de Nadal para adultos, un taller Infantil de Galletas, un taller xuvenil de Postres Navideños  e outro curso (a través da Deputación Provincial) para cociñar en familia.


 
Durante os días 22, 23, 24 e 25 de decembro  o Tren “Chuchú” fará diversos percorridos gratuítos pola Eurocidade Salvaterra – Monçao


 
As Escolas de Fútbol realizarán tamén o seu xa tradicional Torneo Solidario de Nadal.


 
A partir do 11 de decembro emprezan  as diferentes actividades, onde te podes atopar, a parte do anteriormente citado, con concertos de Corais, co Festival de Nadal da A.C. Pontenova, con teatro para a familia, coa visita de Papá Noel, concerto da Banda de Música de Salvaterra, Cine Infantil, Contacontos, San Silvestre Solidaria de Monçao a Salvaterra e co mago Paco... rematando o día 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.