MOS
A alcaldesa de Mos descarta a posibilidade de que o Concello expropie os terreos do Castro de Torroso
Reafirma o interese municipal na posta en valor do patrimonio histórico pero sempre en consenso cos propietarios. Esíxelles aos edís de GañaMos "responsabilidade e respecto á verdade".
![[Img #29080]](upload/img/periodico/img_29080.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lamentou hoxe “ter que saír de novo a desmentir públicamente unha mentira máis de GañaMos”. Arévalo tilda aos concelleiros deste grupo de “indocumentados” e vese na obriga, unha vez máis, de ter que aclarar unha "das súas garrafais meteduras de pata".
"Nesta ocasión o que fai GañaMos é dividir a contía orzamentaria total do Proxecto de Posta en Valor de Xacementos Arqueolóxicos da Deputación e o Ministerio de Fomento entre o número de concellos beneficiarios para calcular o que lle tocaría a Mos e anunciar que dende a administración local perdeuse dita subvención" explican nun comunicado de prensa.
"Pois ben, en primeiro lugar ese importe de 325.000 euros nin existe, nin existiu nunca, nin está ben calculado nin, por suposto, se perdeu". A este respecto a rexedora local mosense declarou categóricamente que “no Concello de Mos non perdemos nunca nin un só euro dunha subvención dende que eu son alcaldesa”.
Nidia Arévalo reiterou así mesmo o interese existente dende a administración local mosense en potenciar o Castro de Torroso, pero sempre e cando "os propietarios estean de acordo, e, polo momento, non deixan que se toque na súa propiedade e dende o Concello non temos absolutamente ningunha intención de expropiarlles os terreos".
A alcaldesa destacou en conclusión "a importancia de que o proxecto de posta en valor do Castro de Torroso sexa levado a cabo en consenso e co consentimento dos propietarios dos terreos, máis de 20 particulares neste caso". “Particulares que teñen pleno dereito sobre as súas propiedades, cousa que respectamos e por iso non pensamos facer ningunha expropiación forzosa, o que non quere dicir que dende o equipo de goberno local non teñamos interese no coidado e a posta en valor do noso patrimonio histórico; claro que o temos e moito, e por iso estamos a facer e continuaremos a facer todo o que estea na nosa man para conseguilo, pero sempre dacordo cos propietarios”, informou Arévalo.
“Así que, señores de GañaMos”, rematou recomendándolles a alcaldesa “deixen de mentir, de manipular malintencionadamente a realidade, e póñanse a traballar con rigor, que son membros dunha Corporación Municipal e non poden andar por ahí faltando á verdade descarada e reiteradamente”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149