Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 29 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos aproba en Pleno o seu orzamento municipal para 2017

Ascende a preto de 10 millóns de euros, dos que un millón vai destinado á partida de benestar social, que é a que máis se incrementa ascendendo en 200.000 euros.

[Img #29081]

 

O Concello de Mos aprobou na sesión plenaria ordinaria do mes de novembro, celebrada onte no Pazo de Mos, os orzamentos municipais para o vindeiro ano 2017. A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, lamentou a falla de participación e de iniciativa neste punto da orde do día dos grupos políticos da oposición, que non fixeron ningunha proposta sobre o presuposto. Deste xeito, a aprobación do orzamento municipal tan só durou os cinco minutos que lle levou á rexedora local expoñelo.


Trátase dun presuposto que ascende a 9.874.000 euros e que é un pouco superior ó do actual ano 2016. Incremento que é posible grazas a eficiente xestión do goberno.


Arévalo, rexedora local, destacou a este respecto que “presentamos un ano máis en tempo e forma, e antes do inicio do novo exercicio económico, o orzamento local anual. Este é o noveno presuposto que elaboro como rexedora municipal e se repite, por novena vez consecutiva, o feito de presentalo en tempo e forma antes do inicio do novo exercicio. E é que os nove orzamentos elaborados por este Concello sendo eu alcaldesa presentan tres constantes fundamentais que se repiten en todos e cada un deles, incluído este último, e que son: a súa presentación antes do inicio do exercicio económico correspondente, que se trata dun documento que só contempla os ingresos reais e que non inclúe ningún tipo de operación de préstamo bancario”.


Destacan, en primeiro lugar e en relación con estas tres constantes, as medidas de aforro que dende o equipo de goberno local adóitanse para reducir a débeda municipal (A débeda no orzamento do 2017 redúcese en máis dun 10% respecto do 2016).


Entre ditas medidas, mencionan que no orzamento de 2017 (ó igual que nos outros oito precedentes) non haberá operacións de préstamo para financiar o plan de inversións municipal, senón que manteranse os esforzos por acadar axudas en forma de achegas económicas doutras administracións.


Salientan tamén que o orzamento de 2017 é un presuposto realista no que non se vai realizar ningunha operación de crédito, no que se contemplan os ingresos que corresponden, non se gasta por riba das posibilidades reais, e destaca sobre todo o orde e a austeridade para equilibrar a balanza entre os capítulos de gastos e ingresos. Polo tanto, insistir en que o capítulo de ingresos tan só contempla os ingresos reais e está avalado polo Informe de Intervención.


Apuntan a continuación que a elaboración do orzamento para o ano 2017 vínculase novamente á austeridade do gasto público de xeito que se eliminan os gastos innecesarios, sen que en ningún caso se vexan afectados o gasto social, que se incrementa en case 200.000 euros respecto de 2016 acadando a contía dun millón de euros; sendo, sen dúbida, a partida que máis crece no presuposto de 2017.


En canto ó referido gasto en Benestar Social, nela inclúese a construcción da nova Escola Infantil da Veigadaña (80.000 euros) e auméntase un día máis á semana o servizo que AFAGA presta no Centro de Día de Petelos a maiores enfermos de Alzheimer e outras demencias (para tal incremento dótase esta partida en 8.000 euros máis, ata acadar os 25.000 euros), así como potenciar o servizo de Axuda no Fogar (cuxa partida se incrementa en 146.000 euros e alcanza o total de 548.000 euros por novas altas de usuarios). Tamén se creou unha nova partida para equipamento de vivendas sociais que ascende a 8.500 euros.


No caso do departamento de participación cidadá increméntase en 7.000 euros a partida do ‘Programa Maiores’ ata chegar ós 17.000 euros.


En materia social estableceranse bonificaciones e facilidades de pago de impostos e taxas municipais a persoas con necesidades especiais (usuarios dos Servizos Sociais municipais, familias numerosas, etc.).


No orzamento municipal do ano 2017 o goberno local segue apostando polo fomento do emprego, materia na que o Concello de Mos investirá un total de 220.000 euros para destinar, entre outras iniciativas, a un novo plan de emprego e dous obradoiros de emprego.


Unha inversión importantísima, dos case 10 millóns de euros ós que ascende o orzamento municipal para 2017, irá destinada á mellora de servizos municipais tales coma limpeza viaria e mantemento de zonas verdes e parques e xardíns cunha partida que acada a contía total de 400.000 euros. E é que esta constitúe a maior demanda veciñal, polo que se dota esta partida con case medio millón de euros para dar resposta aos veciños.
Priorizarase a instalación de rego automático en todos os espazos verdes. Tal é a prioridade que se lle dá dende o Concello a estas melloras que, para que poidan ser iniciadas a data 1 de xaneiro de 2017 e todo se atope en perfectas condicións no mes de marzo do ano que ven, estase a realizar a tramitación anticipada da contratación das mesmas pero con cargo ó novo orzamento.


E poténciase tamén no orzamento do 2017 o Servizo de Transporte cunha partida de 60.000 euros que contempla tanto o Transporte Urbano de Mos, que comezou a funcionar o pasado 24 de outubro, coma o Transporte Metropolitano.


No apartado de obras de mantemento e conservación de estradas dótanse 850.000 euros. Cantidade que dende o goberno consideran necesaria para manter en óptimas condicións as infraestruturas municipais. Esta partida dará así resposta ao plan anual de mantemento que cada ano pónse en marcha para dar resposta ás necesidades locais e demandas veciñais.


Destacan en materia de cultura e educación, que se incrementa  a partida para subsanar as deficiencias causadas polo abandono da administración provincial a numerosos colectivos e entidades mosenses, tal é o caso da Escola de Música-Conservatorio de Torroso. Deste xeito, a subvención municipal para a Escola de Música pasa de 40.000 euros a 45.000 euros en 2017; e contémplase tamén unha partida destinada a Asociacións Veciñais.
En deportes auméntanse en case 62.000 euros a partida total. Pasando de 421.297,56 euros en 2016 a 482.683,07 euros en 2017. Auméntanse neste sentido cada unha das partidas dirixidas aos clubes de fútbol locais, Unión Deportiva Mos e Louro-Tameiga.


E o máis salientable é a creación de catro novas subvencións deportivas para o Fútbol Sala Concello de Mos, Mos Feminino, Clube Tiro Con Arco e Clube Ciclista Avance. Ademais da partida para mellora de equipamentos deportivos.


Todo isto no capítulo de gastos, mentres que no capítulo de ingresos: increméntase en 400.000 euros o IBI (Imposto de Bens Inmobles) como consecuencia das novas revisóns de altas que se están a levar a cabo, increméntase tamén a subvención da Xunta de Galicia para servizos sociais en 50.000 euros; e axústanse previsións á alza e baixa (pequenos axustes) en función dos datos liquidados.


En xeral o orzamento de 2017 caracterízase polo aumento da maioría das partidas, a continuidade da amortización da débeda e a contención do gasto.


Arévalo rematou informando tamén de que “por suposto estou a realizar a miña ronda anual de finais de ano polas administración supramunicipais para xestionar o plan de axudas ao Concello de Mos que nos permitiron, dende que son alcaldesa, non ter que recorrer a ningunha operación de crédito bancario e, polo tanto, ir reducindo progresivamente, ano a ano, a débeda municipal”.


A alcaldesa rematou destacando a aprobación do documento antes de finais de ano, como ven sucedendo dende que ela é alcaldesa; e segundo considera “como debe de ser pois os orzamentos municipais teñen que ser aprobados en tempo e forma”, concluiu.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.