GALICIA
A Policía controlou o consumo de alcohol e drogas en menores durante esta fin de semana
Foron realizadas inspeccións a establecementos e identificadas 48 persoas nos concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo, Marín e Caldas de Reis.
O Grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo durante esta fin de semana varios dispositivos de control de menores nas cidades de Lugo, Pontevedra, Vigo, Marín e Caldas de Reis. Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica de Lugo, Pontevedra e Vigo nesta pasada fin de semana, realizáronse seis dispositivos de control de menores en risco de desamparo, consumo de alcohol e drogas en menores de idade, nos que foron identificadas 48 persoas e 50 locais foron inspeccionados.
Foron levantadas 3 Actas de infraccións á Lei 11/2010 a locais por carecer de carteis e 3 actas de infraccións Lei 4/ 2015 de Protección da Seguridade Cidadá por tenza de sustancias estupefacientes e consumo, sendo intervidas unha bolsiña que contiña 5,75 gramos dunha sustancia ao parecer marihuana, e outra bolsiña con 8,08 gramos dunha sustancia ao parecer haxix.
Con motivo da entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, por parte da Policia Autonómica estanse a levar a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.
Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217