GALICIA
Conde sinala que Galicia conta co talento e os recursos necesarios para ser un referente en biotecnoloxía
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembrou esta semana en Santiago que a Xunta, a través da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020, mobilizará 200 millóns de euros en este sector que contribúe á xeración de actividade industrial e á creación de postos de traballo estables e de calidade.
![[Img #29114]](upload/img/periodico/img_29114.jpg)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, inaugurou esta semana en Santiago o foro A biotecnoloxía galega. Da investigación á internacionalización, organizado por El Correo Gallego. Durante a súa intervención, destacou que Galicia conta co “capital, o talento, a vontade, os medios e os recursos naturais necesarios” para ser un referente neste sector a nivel nacional.
Conde subliñou que a biotecnoloxía ofrece múltiples posibilidades que permiten a xeración de riqueza e de actividade empresarial, ao tempo que contribúe á captación de novos talentos e á creación de emprego estable e de calidade na Industria 4.0. Neste sentido, o conselleiro sinalou que Galicia se sitúa como a terceira comunidade con máis bioemprendedores, dobrando a media española de sociedades biotecnolóxicas creadas; un sector que factura 250 millóns de euros e da traballo a 1.300 persoas na comunidade galega.
Para seguir mellorando e así consolidar estas cifras, a Xunta puxo en marcha o ano pasado, da man de 66 axentes de toda Galicia, incluíndo empresas, o clúster, centros de coñecemento e profesionais, a Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020, unha ferramenta clave dentro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e que ten entre os seus obxectivos mobilizar un investimento de 200 millóns de euros ata finais desta década para permitir a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, un 15% máis que na actualidade; acadar unha facturación de 300 millóns de euros, o que suporá un incremento do 20%; xerar 300 novos empregos cualificados no sector; e lograr o recoñecemento internacional de Galicia no entorno biotecnolóxico.
Asegurou que o obxectivo é poñer en marcha 30 novas empresas biotecnolóxicas e contar con 300 novos empregos cualificados nun sector que na actualidade xa factura 250 millóns de euros e da traballo a 1.300 persoas
Conde afirmou que o sector bio é unha das maiores apostas de futuro en Galicia, e un elemento fundamental para aliñar a fortaleza investigadora de Galicia co potencial do tecido produtivo. Neste sentido, o conselleiro citou diferentes exemplos que certifican a posición de Galicia como polo biotecnolóxico. É o caso da empresa Qubiotech, que hoxe participou neste foro e acaba de ser unha das gañadoras da terceira edición de Galicia Open Future, ou como Nasasbiotech, que naceu do traballo das universidades e das fundacións ligadas a ámbitos como o sanitario.
Durante a inauguración do foro, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria tamén fixo unha mención especial ao traballo que desenvolven os centros tecnolóxicos e de investigación, as asociacións e clústers de referencia no eido biotecnolóxico como Bioga; as 19 Unidades Mixtas de Investigación postas xa en marcha e que favorecen proxectos innovadores de vangarda, como é o caso, no eido sanitario, de Roche e a Fundación Ramón Rodríguez e de Innopharma e Laboratorios Esteve; ou como a aceleradora de empresas Agrobiotech promovida pola Axencia Galega de Innovación e que ten como obxectivo incrementar o nivel de excelencia de pemes centradas nas actividades que prioriza a RIS3.
Dentro do impulso do talento e o fomento do emprego xuvenil innovador, Conde lembrou que a Xunta, a través do programa Principia, acaba de facilitar a contratación de preto de 140 investigadores en 57 empresas galegas, o que supón unha oportunidade para os que acaban de obter a súa titulación e, deste xeito, acceder a postos nos que exercer as súas especialidades.
Nesta liña, a Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén conta co programa Ignicia, un fondo de proba concepto que, coa colaboración da Fundación Barrié, busca axudar a que se fagan realidade esas ideas que teñen un enorme potencial de chegar ao mercado. Disporán da colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain), que realizará tarefas de titorizacion e asesoramento para levar a cabo o plan de desenvolvemento e comercialización na fase de maduración e lograr así a transferencia ao mercado.
Conde indicou que o prazo para presentar solicitudes ao programa Ignicia estará permanentemente aberto. Cunha dotación de 7 millóns de euros ata 2020, xa se teñen presentado máis de 30 proxectos para a fase de maduración, que se están a avaliar, e nos cales destaca a presenza de proxectos biotecnolóxicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217