MOS
20 desempregados participan no Obradoiro ConciliaMos que lles ofrecerá formación e traballo durante 6 meses
Este programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades: carpintería e dinamización educativa no tempo libre.
![[Img #29128]](upload/img/periodico/img_29128.jpg)
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo estes días no Concello de Mos ó Obradoiro de Emprego ConciliaMos, no que se ofrece formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante 6 meses.
Este programa mixto de formación e emprego céntrase na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.
Neste caso concreto de Mos, a Xunta inviste preto de 180.000 euros para poñer en marcha esta iniciativa que comezou hai dous días e durará ata finais do mes de maio do vindeiro ano. Con este obradoiro se formarán a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de carpintería (8 persoas) e dinamización educativa no tempo libre (12). Ademais de recibir esta formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional.
O fin do obradoiro é así a formación teórica e práctica nestas especialidades e, concretamente, os alumnos e alumnas elaborarán elementos en madeira para diversas instalacións municipais e medioambientais do Concello ademais de levar a cabo a atención e dinamización educativa de menores de 3 anos nas Escolas Infantís Galiña Azul, o desenvolvemento do programa de conciliación en Infantil e Primaria e tamén do programa de atención a necesidades educativas de nenos e nenas e mozas no tempo libre.
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, deron hoxe a benvida aos 20 alumnos e alumnas
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, deron esta semana a benvida aos 20 participantes ademais de saudar ao persoal a cargo do curso, que estará formado por un director, un titor, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio.
O representante da Xunta en Vigo e a súa área destacou a aposta do Goberno galego polo emprego e por este tipo de iniciativas mixtas que contan cunha dobre finalidade porque aportan formación toda vez que garanten un traballo remunerado para as persoas en situación de desemprego. López-Chaves animou aos alumnos e alumnas a aproveitar esta oportunidade e gabou o traballo que se está a facer dende o Concello de Mos neste ámbito lembrando os 7 obradoiros de emprego que xa teñen organizado nos últimos anos e que permitiron, por exemplo, a recuperación da aldea Alfacuca ou a rehabilitación da Casa Reitoral de Petelos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149